RADIO CLUNY MERGÚLLASE NO NADAL
Os alumnos de 3º e 4º de primaria agasállannos con unha escolma de temas musicais propios do Nadal para escoitar en familia.
Esperamos que vos gusten!!
RADIO CLUNY EN 3º A RADIO CLUNY EN 3º B
RADIO CLUNY MERGÚLLASE NO NADAL
Os alumnos de 3º e 4º de primaria agasállannos con unha escolma de temas musicais propios do Nadal para escoitar en familia.
Esperamos que vos gusten!!
RADIO CLUNY EN 3º A RADIO CLUNY EN 3º B
A LECTURA PODE ILUMINAR O TEU NADAL
Descubre a maxia da lectura.
Preme neste vínculo e descubrirás como!!
Un ano máis, a Fundación Eugenio Granell convidounos a participar no Maratón de Lectura que, nesta ocasión, adicábase a Francisco García Lorca, irmán menor de Federico e, como el, integrante da Xeración do 27.
ENTREGA DE PREMIOS
Oa gañadores da VII edición do Concurso Carapuchos Abelleiros achegáronse á tenda de Xosé Manuel Durán , "A cesta da saúde", para recoller o seu merecido premio.
Convertidos en pequenos apicultores, recibiron de mans de Xosé Manuel o tarro de mel adornado co deseño que cada un creou e quedaron emprazados para a visita á colmea, da que foron nomeados padriños, na próxima primavera.
O momento quedou recollido na prensa local. noticia no xornal
XA TEMOS GAÑADORES!!
O pasado xoves 18 de novembro Xosé Manuel Durán achegouse ao colexio para presidir o xurado que elixiría os novos modelos de carapuchos para os tarros de mel desta tempada.
Os traballos presentados tiñan moito nivel artístico e non foi doado elixir un gañador por categoría.
Agradecemos a boa acollida deste concurso que un ano máis presenta unha gran participación.
Presentamos aos gañadores desta edición.
1º primaria 2º primaria
3º primaria 4º primaria
EMMA SOLEDAD SMITH REY ANTÍA GONZÁLEZ LAREO
5º primaria 6º primaria
ALBA LAGE RODRÍGUEZ MARINA MOSQUERA PÉREZ
Os clubs de lectura de 6º e da ESO inauguraron o curso coas súas respectivas reunións. Presentáronse, buscaron o nome do club e descubriron o título do libro proposto para ler neste mes:
No corazón do bosque de Agustín Fdez. Paz Os mortos de ningures de Pereledi
Nuns días iniciarán as reunións do seu club as antigas alumnas.
CLUNYTEKA PRESENTA :
VI EDICIÓN DO CONCURSO DE DEBUXO
"CARAPUCHOS ABELLEIROS"
Os participantes un debuxo relacionado coa temática: Polinización, abellas, flores ou medio
ambiente que será acompañado dunha
frase, en lingua galega, alusiva á ilustración realizada ou a temática elixida.
Data límite de entrega : Venres
12 de novembro.
Poderás
informarte de todas as actividades planificadas polo equipo de biblioteca a través do noso blog http://clunyteka.blogspot.com/
O Día das Escritoras é unha
iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa
Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias
(FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o
labor e o legado das escritoras a través da historia.
Como en edicións anteriores,
a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de
outubro. A VI Edición celébrase, este ano 2021, o 18 de outubro baixo o lema "Ler
as idades da vida". Marifé Santiago Bolaños, é a comisaria esta VI Edición do Día das Escritoras 2021. "Os libros escríbense só para unha
lectora, a que os fai estar de novo cando os le. Por iso, a escritura vai dando
conta das idades da vida e permítenos elixirnos, recuperarnos e soñarnos entre
as páxinas dos libros. Dos libros que lemos, dos que leremos. Dos que se
escribiron para nós, aínda que non os atoparamos aínda."
Cal é a túa escritora
favorita? Que libro dela recomendas? Tamén podes compartir un parágrafo ou
poema dunha escritora e envialo a clunyteka@gmail.com para encher o noso blog coas súas verbas.
Mentres recibimos a túa selección podes ler a recompilación de
escritoras galegas que fixeron dende Bibliotecas Escolares.
SELECCIÓN DE TEXTOS DE ESCRITORAS GALEGAS
No mes de xaneiro Clunyteka lanzou o Reto Lector deste ano 2021, debido ao COVID, unha vez realizada a lectura do libro axustada á temática proposta invitabamos a poñer un comentario no blog. O alumno Mario da Costa de 4º B liu e comentou puntualmente todos os meses.
Clunyteka quere premiar a súa fidelidade cun agasallo para que comece as súas vacacións gozando coa lectura.
Parabéns, Mario e feliz verán!!
VACACIÓNS 2021
Despois dun longo e complicado curso escolar protagonizado polo COVID e levado a bo porto grazas a implicación de toda a comunidade educativa chegan as ansiadas vacacións. Dende a biblioteca despedimos este curso contentos polo traballo realizado e desexándovos:
feliz verán con un libro á man!!
Preme no enlace para ver as recomendacións.
“O defecto do libro electrónico é non ser tan
fermoso como o de papel.”
Unha entrevista ao director de Editorial Galaxia, Francisco Castro.
Por Carolina Nieto e Marta Rico.
O venres 28 de maio de
tivemos o inmenso pracer de recibir mediante unha vídeo conferencia ao escritor
e editor Francisco Castro, que en decembro de 2016 sucedeu como director da
Editorial Galaxia a Víctor Freixanes. Nado en Vigo, leva moitos anos traballando
e colaborando activamente con medios de comunicación, tanto de comentarista en
xornais como na radio e televisión pública de Galicia. Entre as obras máis
laureadas de Francisco Castro encóntranse Play-Back
(Premio Lueiro Rey de Novela Corta, 1997), Xeografías
(finalista del Premio de Narrativa Erótica Positivas, 2001), Xeración perdida (Premio Cartafol de
Vieiros ao mellor libro do ano, 2004) e Spam
(Premio Blanco Amor de Novela, 2005).
O motivo da visita virtual do
afamado escritor foi a propia Editorial Galaxia, e todas as preguntas que
tiñamos ao respecto. Para Francisco Castro, a Editorial Galaxia ten papel
fundamental, xa que nace nun contexto difícil: o franquismo. Tras a guerra
civil española e debido a ditadura de Franco, o galego sufriu una época de
retroceso, e a organización creouse coa principal finalidade de ser unha canle
de expresión para a lingua galega. O autor vigués resaltou algunhas das etapas
ou puntos álxidos da Editorial Galaxia, tales como o día da propia fundación (o
25 de xullo de 1950), o día da publicación do seu primeiro libro A antífona da cantiaga de Ramón Cabanillas; o nacemento da revista Grial, en 1963 e a
incrible labor de Víctor Freixanes como anterior director, principalmente pola
modernización que levou a cabo.
Respecto á súa propia labor,
Francisco Castro é bastante humilde. O que as súas verbas nos deixaron entrever
foi un gran empeño por que máis mulleres fagan da literatura a súa profesión, que
os nenos e os adolescentes que fan uso de libros infantís e xuvenís medren e a
implantación dun novo xénero na Editorial: o teatro. O director fala da
Editorial como moito agarimo, e defínea como un evidente punto de conversión
entre os clásicos e as novidades, e a búsqueda da calidade co servizo e a
contribución a Galicia e ao noso país, xa que nunca ─e ao dicir nunca é nunca─, ningún dos accionistas recibiu
un céntimo.
Ademais tamén falamos da revista
Grial, unha revista culta cuxa creación era totalmente necesaria para poder
permitirse competir con outras linguas. Sen embargo, a Editorial e a revista
poderían ter existido se a outra non, porque aínda que pode parecer que unha
surxiu da outra, en realidade ambas creáronse paralelamente, e a unión entre
elas só se debe a unha sa retroalimentación ideolóxica. Pódese dicir case que a
Editorial e a revista Grial medraron xuntas.
E correndo os tempos que corren non
puidemos evitar preguntar polo coronavirus que asolou as nosas vidas xa hai
máis dun ano. A Editorial vive exclusivamente de dos campos: as librarías e a
educación, e ambas víronse afectadas polo virus este ano pasado. Segundo
Francisco Castro, a repercusión foi terrible, xa que perderon as vendas de
libros e tiveron que pechar, dando por perdida a economía. Pero ese vicio que é
ler, ese vicio completamente positivo, e o entusiasmo e o compromiso dos
lectores e lectoras fixo que a recuperación fora moito máis rápida do
imaxinable.
Pero na actualidade enfrontámonos a
outro grave problema, e non é o covid-19, senón a perda de lectores mozos que
sigan coa lingua galega. Segundo o propio director da Editorial, ben pouco hai
que facer se existe unha sociedade sen lectores. A razón da existencia da
lingua galega é o seu uso, e se cada vez se perden máis mozos e mozas que
continúen espallando o idioma este rematará por desaparecer. Se a lingua
esmorece, o fai tamén a cultura e a industria, provocando un gran déficit
cultural.
Isto vese algo reflectido na lenda
urbana de que o libro de papel está a ser desbancado polo libro electrónico. En
verdade hai máis ruído que noces, posto que hai máis de quince anos para atrás
que xa se falaba da morte do libro físico, e aínda segue en pé. O director da
Editorial explícanos que aquel que le de verdade, o que le no seu tempo de
lecer, e que o fai porque lle gusta, adoita a preferir o tacto do papel antes
que un dispositivo. A media de uso de un e-book
en España é dun catro por cento, xa que só as persoas menores de sesenta anos
que gustan da lectura pásanse a este método por aforro. O defecto do libro
electrónico é non ser tan fermoso como o de papel.
Pero para evitar iso está a
Editorial Galaxia, que conta con máis de catro mil libros en catálogo, e outros
dous mil títulos preparados para publicar este ano. Están moi orgullosos da súa
colección «A lanterna de Aristóteles», que divulga datos científicos do mundo
que non sabiamos e que son tremendamente divertidos. Un exemplo é o H2... oh!!!, de María Canosa e ilustrado
por Luz Veloso. E tamén da tirada que tivo O
último barco, de Domingo Vilar, do que se venderon máis de dez mil libros
en tan só tres meses.
Francisco Castro recoñece que o
maior proxecto da Editorial é manterse viva sen buscar ningún tipo de beneficio
económico, debido a que o capital é
integramente galego, e todo isto sen falar da dificultade que presenta a
competición con plataformas dixitais. Pero non son razóns suficientes para
quitala do medio, e a Editorial Galaxia segue, sempiterna, dotando de sabedoría
á xente galega.
Os autores gañadores nas diferentes categorías foron:
Infantil: Se che pica un mosquito. Jordi Gastó e Christian Inaraja. Ed. Kalandraka;
1ª Categoría (1º -2º EP): Hércules o xigante. Unha torre de lenda. Enrique López. Ed. Hércules de Ediciones;
2ª Categoría (3º-4º EP): Animalia 2 Branco. Xosé Tomás. Ed. Xerais;
4ª Categoría (TRADUCIÓN) (1º-2º ESO): Maneiras de Vivir. Luis Leante.
Tradución: Belén Rodríguez Suárez;
5ª Categoría (3º-4º ESO): Ardora. Beatriz
Maceira. Urco Editora;
6ª Categoría (Bacharelato-adultos): Beleza Vermella.
Arantza Portabales. Ed. Galaxia.
Durante estas dúas
últimas semanas, o 2º ciclo de Educación Primaria estivo traballando e
descubrindo moitísimas cousas sobre a vida e obra de Xela Arias Castaño.
Vimos diferentes
vídeos, escoitamos poemas cantados, traballamos encrucillados, comprensións
escritas dos seus poemas, elaboramos marca páxinas e ata un quebracabezas con
información sobre a súa vida.
Pasámolo moi ben
escoitando poemas do seu libro “Darío a diario” e relatos de narrativa da súa
obra “Non te amola!”