O colexio Cluny homenaxea a súa ilustre veciña.
Buscar este blog
domingo, 28 de febrero de 2021
CLUNY HOMENAXEA A ROSALÍA DE CASTRO
martes, 23 de febrero de 2021
DÍA DE ROSALÍA
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. 24 de febreiro
Baixo o lema "teus doces cantares" mostramos unha Rosalía letrista de cancións de temáticas variadas que non deixan indiferente a ninguén e que se poden adaptar a todos os tempos.
Os poemas desta escolma serán recitados por varios alumnos de Educación Primaria do colexio na homenaxe, organizada pola Asocioación de Veciños do Ensanche, á santiaguesa máis ilustre polo aniversario do seu nacemento, na que fora a súa casa natal.
Compartimos os poemas elixidos acompañados dun enlace que mostra as verbas de Rosalía feitas canción.
domingo, 21 de febrero de 2021
DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA
O Día Internacional da Lingua Materna xurdiu en Bangladesh. Foi aprobado na Conferencia Xeral da
UNESCO de 1999 e observouse en todo o mundo dende o ano 2000.
A UNESCO cre na importancia da diversidade cultural e lingüística para as sociedades
sostibles. No marco do seu mandato en pro da paz, traballa para preservar as
diferenzas de culturas e idiomas que fomentan a tolerancia e o respecto dos
demáis.
A diversidade lingüística encóntrase cada vez máis ameazada
cun maior número de linguas que desaparecen. Cada dúas semanas, como promedio,
unha lingua desaparece, levándose coa súa desaparición todo un patrimonio
cultural e intelectual.
As sociedades multilingües e multiculturais existen a través das súas
linguas, que transmiten e preservan os coñecementos e as culturas tradicionais
de manera sostible.
O tema do Día Internacional da lingua materna 2021 “Fomentar o
multilingüismo para a inclusión na educación e a sociedade” recoñece que as
linguas e o multilingüismo poden fomentar a inclusión, e que os Obxectivos de
Desenvolvemento Sostible céntranse en non deixar ninguén atrás.
A UNESCO considera que a educación, basada na primeira lingua ou a lingua
materna, debe empezar dende os primeiros anos de escolaridade, debido a que a
atención e a educación da primeira infancia son o fundamento da aprendizaxe.
Sintámonos orgullosos da nosa lingua e recoñezámola como un valor engadido.
FELIZ DÍA DA LINGUA MATERNA!
viernes, 19 de febrero de 2021
O ENTROIDO 2021
O ENTROIDO GALEGO
Compartimos o traballo que realizou o alumnado do noso cole na descuberta dunha das nosas tradicións máis arraigadas: O Entroido
jueves, 18 de febrero de 2021
BASES CONCURSO LITERARIO "LOLITA IGLESIAS" 2021
1. Poderán participar todos os alumnos de 3º, 4º, 5º, e 6º de Primaria e todos os cursos da ESO.
2. Haberá seis categorías:
A 3º e 4º da ESO D 5º de EP
B 1º e 2º da ESO E 4º de EP
C 6º de EP F 3º de EP
3. Haberá dúas modalidades:
NARRATIVA:
Categoría A: Extensión mínima: 8 f.
Extensión máxima: 15 f.
Categoría B: Extensión mínima: 4 f.
Extensión máxima: 10 f.
Categoría C, D, E, F: Libres, sen extensión.
POESÍA:
Categoría A: Extensión mínima: 14vv.
Categoría B: Extensión mínima: 14 vv.
Categoría C: Extensión mínima: 12 vv.
Categoría D: Extensión mínima: 12 vv.
Categorías E, F: Libres, sen extensión.
CATEGORÍA ESPECIAL ADICADA A “CAMINA”
Inclúe Narrativa e Poesía, en todas as categorías. A
extensión correspóndese coa expresada nos apartados anteriores.
4. Os traballos serán orixinais e presentaranse en lingua galega ou castelá.
5. Os traballos presentaranse escritos a man con bolígrafo azul.
6. Os traballos deberán entregarse sen grampas, sen portada e paxinados.
Na primeira folla do traballo indicaranse categoría, modalidade e pseudónimo (Moi importante)
7. Ademais de cumprir os requisitos do achegado 5 das presentes bases, nas categorías A e B os traballos deberán axustarse ao seguinte formato:
·
Tamaño do
papel: DIN- A4
·
Marxe
superior e inferior: 3 cm.
·
Marxe
dereita e esquerda: 2,5 cm.
8. Os participantes concursarán baixo pseudónimo. O nome, apelidos e curso do autor deberán presentarse dentro dun sobre pechado. No exterior do sobre indicaranse a categoría, modalidade e pseudónimo. Este sobre, xunto co traballo, entregarase noutro sobre, (no que figurarán tamén categoría, modalidade e pseudónimo), ao titor/a correspondente.
9. A data límite para entregar os traballos será o 18 de marzo de 2021
ás 17:30h.
10. Cada participante poderá presentar, como máximo, un traballo en cada modalidade: narrativa, poesía e “CAMINA”.
11. Establécese un primeiro e un segundo premio por categoría nas modalidades de narrativa e poesía, na modalidade de “CAMINA” establécese un único premio por categoría.
12. Haberá un xurado composto por un mínimo de cinco profesores (segundo participación) dous representantes de pais/nais de alumnos, como mínimo, e dous alumnos/as e/ou ex-alumnos/as, como mínimo.
13. Un mesmo traballo non poderá acumular dous premios.
14. O xurado valorará os seguintes aspectos: caligrafía e ortografía; riqueza expresiva; orixinalidade do tema; variedade de vocabulario; puntuación; recursos estilísticos. Todo elo axeitado á idade dos/as participantes.
15. O xurado poderá declarar deserto algún dos premios se a calidade dos traballos presentados non fose a requirida.
16. A decisión do xurado é inapelable. A mesma comunicarase publicamente no mes de abril.
17. As obras gañadoras quedarán en propiedade do Colexio San José de Cluny e poderán ser publicadas na páxina web do colexio ou blog da biblioteca do centro, co nome e apelidos dos alumnos/a gañadores.
18. En caso de escenario educativo non presencial os alumnos deberán achegar os seus traballos ao colexio entregándoas en portería ou, unha vez fotografadas ou escanadas, realizando un envío ao correo electrónico da biblioteca (clunyteka@gmail.com).
19. A participación neste concurso implica a aceptación destas bases.
En Santiago de Compostela a 9 de novembro 2020
jueves, 11 de febrero de 2021
11 de febreiro: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
11 DE FEBREIRO Día Internacional da
Muller e a Nena na Ciencia
O 11 de febreiro de cada ano, celébrase o Día Internacional da e a
Nena na Ciencia proclamado pola ONU no ano 2015. O principal obxectivo deste
día tan especial é lograr unha maior participación e inclusión das mulleres e
as nenas no mundo da ciencia e a tecnoloxía e desta maneira romper coa brecha
de xéneros.En 2021 o lema para o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia é: "As mulleres científicas, líderes na loita contra o COVID". Está previsto un evento virtual na sede da UNESCO que reunirá a mulleres científicas que están traballando desde o inicio da pandemia en cuestións relacionadas co COVID.
O papel da muller na ciencia, a través da historia, foi fundamental no
descubrimento de grandes achados nos
distintos campos como a medicina, a física, a tecnoloxía e dos que hoxe a
humanidade continúa a se beneficiar.
Estas mulleres dedicaron toda a súa vida
á investigación científica. Non obstante, en moitos casos, os seus traballos
foron acreditados a homes, nunha época onde a muller non era valorada nin
considerada importante dentro da sociedade. Porén, o esforzo e traballo de
todas estas mulleres deixaron unha importante
pegada para as futuras xeracións e marcaron un antes e un despois na
historia da ciencia e a tecnoloxía. Entre as figuras máis importantes deste xénero
destacan:
Marie Curie |
- · Marie Curie: foi a primeira muller á que se lle recoñeceu o seu traballo no campo da ciencia e por iso lle outorgaron o Premio Nobel en Física e Química.
- · Ada Lovelace: foi pioneira en sistemas informáticos e programación de ordenadores.
- · Margarita de Salas: científica española, que descubriu a través do seu traballo, importantes avances no ADN humano.
- · Flora de Pablo: é unha doutora en bioloxía molecular, que segue loitando pola reivindicación da muller no mundo da ciencia a través da fundación Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas.
- · Vera Rubin: astrónoma estadounidense descubridora da materia escura grazas ás súas observacións na rotación de estrelas ao redor de galaxias.
- Unha das grandes aportacións da muller actual, foi darlle voz ás grandes mulleres científicas tanto do pasado coma do presente, que deixaron e continúan deixando unha pegada significativa, nun mundo tan competitivo como é o da ciencia e a tecnoloxía. Isto podémolo descubrir a través de importantes libros de escritoras contemporáneas. Neles, faise unha descrición minuciosa do difícil traballo que estas mulleres realizaron durante anos de investigación científica, pero que, non tiveron a transcendencia histórica polo simple feito de seren mulleres. Poderás atopalos na nosa biblioteca.
- Enlace para primaria.