O TEU AMIGO INVISIBLE DESÉXACHE UN FELIZ DÍA DO LIBRO
Benvidos ao blog da biblioteca do colexio San José de Cluny de Santiago de Compostela.
Buscar este blog
miércoles, 24 de abril de 2024
CLUB DE LECTURA FAMILIAS
PREGUNTA DO DÍA
mércores 10 de abril
martes 9 de abril
A PREGUNTA DO DÍA
Hoxe luns 8 de abril comeza unha nova edición da actividade PREGUNTA DO DÍA.
luns 8 - PREGUNTA 1
Moldeable, resistente,
impermeable, imperecedoiro, económico... o
que fora un dos
materiais estrela do século pasado converteuse
hoxe nun verdadeiro
problema a escala planetaria. Fabricamos e
utilizamos todo tipo de
obxectos plásticos desde hai apenas dúas ou
tres xeracións, pero a
chea de residuos que xeramos é descomunal.
Estímase que desde 1950
producíronse uns 6.000 millóns de toneladas
deste material,
suficiente como para cubrir todo o planeta cunha
envoltura de plástico.
Hai restos plásticos de diversa índole en todos
os océanos do mundo,
aínda que a magnitude global desta
contaminación é aínda
unha incógnita.
No ano 2010 unha
institución española dedicada a investigación, levou a
cabo unha expedición
para realizar a primeira avaliación da cantidade
e distribución de
plásticos no océano a escala planetaria.
- · Como se chamou esta expedición?
- · Como se chaman os buques que participaron nesta expedición?
- . De que universidade procedía o ecólogo que liderou esta expedición?
martes, 23 de abril de 2024
LETRAS GALEGAS 2024
CoIncidindo coa data do día do libro: 23 de abril, San Xurxo, os dous grupos de 5ºEP realizaron unha ruta literaria seguindo as pegadas de Rosalía de Castro na cidade. Visitaron algúns lugares vencellados a nosa poeta universal: o seu lugar de nacemento no emprazamento que hoxe ocupa a Praza de Vigo; o Hostal dos Reis Católicos onde foi bautizada; unha das súas residencias no casco antigo, xunto á Praza da Universidade e San Domingos de Bonaval, lugar onde descansan os seus restos. Nalgún destes emprazamentos realizaron a lectura dalgún dos seus poemas.
viernes, 19 de abril de 2024
"TEATRO AGADEA": SANCHO PANZA Y LA ÍNSULA EN CLUNY
“Nunca é tarde para aprender, para participar, para soñar e facer soñar. Isto lógrase pola arte que non envellece e nos empuxa a novos horizonte”, asegura o director da obra, Lucas Herrador