jueves, 22 de junio de 2023

LECTURAS PARA O VERÁN

Non te perdas a nosa recomendación lectora para este verán!!

(preme no enlace)

CLUNYTEKA recomenda


                                                                  

O equipo de Biblioteca deséxavos unhas felices vacacións!  

Vémonos en setembro.

Proxecto 1ºESO

     Interpretando a arte con Xeometría-MathClunyArt      

                                        

O alumnado de 1º ESO realizou un proxecto solidario ao longo deste curso. O profesorado de matemáticas, arte, plástica e tecnoloxía traballou coordinado para que os alumnos elaboraran coxíns que servirán para unha recadación benéfica.


O   desenvolveuse dende as sesións de  matemáticas (xeometría, cambios de unidades) e  de plástica (selección de obras de arte)





Ademais, contamos coa colaboración de equipos de apoio constituídos por familias voluntarias  con coñecementos de costura para o labor de ensamblaxe das pezas cortadas. Para esta fase, tamén necesitamos a cesión de 7 máquinas de coser durante  20 días.





Tras a elaboración dos coxíns o alumnado realizou unha poxa coa finalidade de  recadar fondos para colaborar cunha escola en Paraguay.








Desta forma, os alumnos aprenden colaborando co noso entorno, en grupos de traballo cooperativo poñen en valor a arte contemporánea e dan resposta á necesidade de traballar en materia de sustentabilidade, solidariedade e responsabilidade coa comunidade atendendo ao currículo de 1ºESO.

martes, 20 de junio de 2023

FIN DE CURSO DOS CLUBS DE LECTURA

 O Equipo de Biblioteca organizou unha sesión especial para todos os participantes dos diferentes clubs de lectura.

                                                          

Comezamos cun scape room para avaliar a actividade realizada durante o curso.  Os equipos, formados por lectores de todos os clubs que aportaron a información necesaria para resolver as probas, competiron para descubrir a palabra clave que lles permitía participar na merenda. 




Agradecemos a Miriam Rico a súa colaboración na preparación da actividade,
 pasámolo xenial!!

sábado, 17 de junio de 2023

CLUB LECTURA ADULTOS


                                 

A biblioteca tamén abriu as súas portas ás nais e pais do noso alumnado que aceptaron a invitación para participar no club de lectura.

Despois da boa experiencia compartida seguro que repetimos. 

viernes, 16 de junio de 2023

ANIMACIÓN LECTORA

 Os máis peques visitan a Biblioteca.

Dende xaneiro os alumnos de Educación Infantil visitaron con regularidade a Biblioteca e  descubriron moitas historias, contos, xogos e diversión. 












Esperamos a súa visita no próximo curso. 

jueves, 15 de junio de 2023

VISITA ÁS COLMEAS

 

Os ganadores do concurso "CARAPUCHOS ABELLEIROS" achegáronse ás colmeas de Xosé Manuel para coñecer ás súas afilladas.

(Compartimos a nosa visita: preme nos enlaces)



Despois de vestirse para a ocasión coñeceron ás abellas e seguiron moi atentos ás ensinanzas de Xosé Manuel sobre a vida e os costumes destes insectos.






Aprendendo con X. Manuel                                             Outra lección do apicultor

                                                   Leticia, a raíña da colmea



MOITAS GRAZAS, XOSÉ MANUEL!!!