jueves, 14 de marzo de 2024

CLUB LECTURA FAMILIAS

 EN MARZO .... LECTURA E CINE


Da man de María Solar coa súa obra "Os nenos da varíola" achegáronse á historia de  22 rapaces, que no ano 1803 levaron no seu corpo a vacina da varíola dende o vello ao novo Mundo. Sempre brazo a brazo, sen romper a cadea, formando parte dunha das fazañas médicas máis grandes da humanidade.

A actividade da sesión de marzo consistiu no visionado da película "22 ángeles" centrada na viaxe da expedición que dirixiu o doutor Francisco Javier Balmis e que levou a vacina da varíola ás Americas nos corpos dos 22 pequenos heroes.

Tarde de emoción, lectura e cine.






lunes, 11 de marzo de 2024

SEMANA DA PRENSA

                                               

Na Semana da Prensa, o alumnado e profesorado de Infantil, en colaboración coas familias, realizaron “ O noso propio NOTICIARIO“ con artigos moi interesantes.


Ademais, descubriron e manipularon as seccións de varios xornais para coñecer mellor este medio de comunicación.


Tamén realizaron actividades plásticas, nas que os xornais foron unha parte fundamental nas súas creacións.


Foi unha semana moi creativa e divertida! 





                                            


lunes, 4 de marzo de 2024

CANAL DE NOTICIAS: QUEDAMOS NUN BANCO (1º ESO.-CLUNY)


RETO LECTOR

 MARZO, MES DA POESÍA






A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) define a poesía coma unha forma de expresión chea de valores comúns que comparte toda a humanidade e na que un poema convírtese nun catalizador de diálogo e paz.


Co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e visibilizar as lingua que están en perigo decidiuse homenaxear un día cada ano a este xénero literario.
O 21 de marzo, día da poesía serve tamén para promover a lectura,escritura e ensinanza da poesía con diferentes actividade e homenaxes a poetas.


Dende o poema de Gilgamesh, primeiro poema da historia atopado sobre unha táboa de arxila na antiga Sumeria entre os anos 2500-2000 a. C. ata a actualidade foron moitas as voces poéticas que chegaron a nós.