lunes, 24 de mayo de 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021



 XELA ARIAS, LETRAS GALEGAS 2021



Durante estas dúas últimas semanas, o 2º ciclo de Educación Primaria estivo traballando e descubrindo moitísimas cousas sobre a vida e obra de Xela Arias Castaño.

Vimos diferentes vídeos, escoitamos poemas cantados, traballamos encrucillados, comprensións escritas dos seus poemas, elaboramos marca páxinas e ata un quebracabezas con información sobre a súa vida.


Pasámolo moi ben escoitando poemas do seu libro “Darío a diario” e relatos de narrativa da súa obra “Non te amola!”























No hay comentarios:

Publicar un comentario