lunes, 24 de octubre de 2022

Día das Bibliotecas 2022


 

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.

 

A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2022.  A edición deste ano, baixo o lema “BiblioTEcuida”, céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, preocúpanse por atender as necesidades dos seus usuarios. As bibliotecas están abertas a toda a cidadanía e son un piar fundamental ao servizo das comunidades ás que pertencen."

 

As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender e lugares para descubrir.

 



Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia  ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR ,   quere poñer o foco en todas as formas de escrita que coida e ofrece a biblioteca escolar. A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.  


Clunyteka, a nosa biblioteca, reabre as súas portas á toda a comunidade educativa. Tras os cambios sufridos  polo confinamento e o uso da sala para unha aula, o equipo traballa arreo no expurgo e reorganización. Hoxe, Día das Bibliotecas  presentamos as primeiras actividades nesta nova andaina: o blog, o préstamo,  ás bibliotecas de aula, as mochilas viaxeiras e os clubs de lectura.