jueves, 14 de junio de 2018

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN “EXIPTO” DOS ALUMNOS DE 1º DE ESO



Este vídeo correspóndese cun percorrido pola exposición que os alumnos de 1º de ESO fixeron no Proxecto de Investigación “Os exipcios” na materia de Xeografía e Historia. Para levalo a cabo buscaron información en diferentes medios: libro de texto, libros informativos da biblioteca, DVDs, internet,  que despois reelaboraron para presentar nunha exposición na biblioteca. Esta exposición foi visitada por todos os alumnos  dende 2º a 6º de EP.

LEMBRANZA A Mª VITORIA MORENO



Con motivo do Día das Letras Galegas os alumnos de 2º de EP gravaron na biblioteca este  vídeo no que se resaltan os fitos máis importantes da vida de Mª Vitoria Moreno. Esta gravación foi presentado tamén na XII edición da Festa da Lingua, organizada por FEREGA, na que os alumnos de 1º a 5º de EP celebraron esta festividade xunto con alumnos doutros centros de Santiago.