Día Mundial da Poesía
Foi en 1999 cando a UNESCO elixiu o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía
para apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar
a visibilidade das linguas que se poidan atopar en perigo.
Esta celebración é unha ocasión para honrar aos poetas, revivir tradicións
orais de recitais de poesía, promover a lectura, escritura e ensinanza da
poesía e fomentar a converxencia entre a poesía e outras artes coma o teatro, a
danza, a música e a pintura aumentado a súa visibilidade nos medios.
Haikus no Día Mundial da Poesía