Mostrando entradas con la etiqueta Club de Lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Club de Lectura. Mostrar todas las entradas

lunes, 22 de junio de 2026

RECOMENDACIÓN LECTURAS VERÁN 2026

 



Coa chegada do verán, desde a Biblioteca queremos compartir unha nova selección de lecturas pensadas para acompañar ao noso alumnado, ás familias e ao profesorado durante as vacacións. 

Nesta guía atoparedes propostas para todas as idades e gustos: contos para os máis pequenos, aventuras, misterio, fantasía e novelas para lectores máis experimentados. 

Agardamos que estas recomendacións vos axuden a descubrir novas historias, vivir grandes emocións e facer da lectura unha compañeira de viaxe durante os meses de descanso. 

Premede na seguinte ligazón para acceder as nosas recomendacións lectoras para o verán. 

RECOMENDACIÓN LECTURAS VERÁN 2026


Boas lecturas e feliz verán!

martes, 16 de junio de 2026

CLUBS LECTURA

 Pechamos o curso dos clubs de lectura cunha tarde moi especial!


Participantes dos clubs de Primaria, ESO e Adultos compartiron unha actividade interxeracional inspirada en Matilda, na que tiveron que superar diferentes retos e seguir pistas por toda a biblioteca para resolver un divertido misterio.

Foi unha magnífica oportunidade para compartir lecturas, traballar en equipo e gozar da biblioteca como un espazo de encontro entre xeracións.

                                                                  

Ao remate do xogo, celebramos o fin de curso cunha merenda e cada participante puido escoller algún fondo da biblioteca para levar consigo e seguir desfrutando da lectura durante o verán. 

Grazas a todas as persoas que formades parte dos nosos clubs de lectura por facer deste curso unha aventura chea de historias, descubrimentos e momentos compartidos.

Bo verán e felices lecturas! 

miércoles, 27 de mayo de 2026

CLUB LECTURA LENDEIROS

 



No mes de maio tivemos unha sesión moi especial no Club de Lectura de Familias coa visita de Mercedes Autrán, autora de Por unha promesa.

Mercedes compartiu con nós a historia que hai detrás da súa primeira novela, un libro nacido dende o corazón e escrito como unha homenaxe á súa nai, gran seguidora de telenovelas. Un relato cheo de emoción que nos transporta ata Rois, a súa aldea, e mestura ficción con anécdotas e lembranzas vividas por ela e pola súa familia.

Foi un encontro entrañable no que puidemos conversar sobre o proceso creativo, as inspiracións persoais e descubrir como as historias máis auténticas adoitan nacer das emocións máis sinceras.

Grazas, Mercedes, por acompañarnos e por compartir con nós esta experiencia tan especial. 

miércoles, 22 de abril de 2026

CLUB LECTURA LENDEIROS CELEBRA O DÍA DO LIBRO

 A culpa de celebrar lendo… con María Solar

                                                      

Na véspera do Día do Libro 2026, Clunyteka acolleu unha sesión moi especial do club de lectura Lendeiros, formado por pais e nais do alumnado do centro, nun encontro arredor dos libros, da conversa e do pracer de ler compartido.

A sesión comezou cunha nova edición do intercambio de libros mediante o amigo invisible lector, unha proposta sempre ilusionante na que cada participante agasallou outra persoa cun libro escollido con agarimo. Houbo sorpresas, recomendacións e a emoción de descubrir novas lecturas da man doutros membros do club.

O prato forte da xornada foi a visita da escritora María Solar, con quen tivemos a oportunidade de conversar sobre a súa obra A culpa, lectura proposta para este mes. Foi un encontro moi enriquecedor no que afondamos nos temas da novela, no proceso de creación e nas reflexións que a lectura suscitou entre as persoas participantes.

Ademais, María Solar presentounos a súa nova obra, Malas ideas, achegándonos as claves desta nova proposta literaria e espertando, unha vez máis, o interese e a curiosidade lectora do grupo que seguro desfrutará proximamente.

Foi unha fermosa maneira de celebrar o Día do Libro: compartindo lecturas, intercambiando impresións e gozando da literatura en comunidade.

        

Porque os libros unen, crean comunidade e abren sempre novas portas.




viernes, 16 de enero de 2026

CLUB LECTURA

 

CONVERSA CON ROSA ANEIROS 

O alumnado do club de lectura de primaria conversou con Rosa Aneiros sobre o libro "Catro plumas de dinosaurio" que foi a proposta de lectura neste Nadal. Descubriron moitas curiosidades sobre a elaboración deste libro e sobre a propia escritora.

Coma sempre, un placer, Rosa.

Grazas pola túa visita.






domingo, 22 de junio de 2025

CLUB LECTURA



 FIN DE CURSO

                                

Un ano máis os participantes de todos os clubs de lectura foron convocados na biblioteca para despedir o curso.

Nesta ocasión participaron, por equipos, nun xogo de pistas, compartiron merenda e seleccionaron os lotes de libros para ler nestas vacacións. 



viernes, 6 de junio de 2025

CLUB DE LECTURA "LECTORES S. A."

ENCONTRO CON DIANA REY





Os participantes do club de lectura "Lectores S. A." tiveron a oportunidade de coñecer á autora da proposta de lectura do mes de maio: India y el descubrimiento de los minders.

Conversaron sobre a súa inspiración á hora de escribir o libro, as curiosidades da súa creación e pedíronlle que axilizara a escritura da segunda parte da historia.


sábado, 10 de mayo de 2025

CLUB DE LECTURA "LENDEIROS"

 

ENCONTRO CON MANOLO GAGO






Compartimos esta sesión con Manolo para falar do libro O anxo negro, que foi a lectura proposta para o mes de maio. 

Foi un coloquio moi agradable onde descubrimos todas as curiosidades do libro da man do seu autor.


miércoles, 2 de abril de 2025

CLUB LECTURA "LENDEIROS"

 ENCONTRO CON ARANTZA PORTABALES

                   

 O asasinato na casa rosa foi a proposta de lectura para o mes de marzo. Con esta novela, que engancha dende a primeira páxina, inicia unha nova serie, Os crimes de Loeiro, protagonizada por Santaclara & Araújo. Os particpantes do club e un grupo de profesores que tamén leron a última obra da autora, descubriron que é unha novela negra moi divertida e cunha trama chea de xiros inesperados. 

Na súa visita,  a escritora compartiu  divertidas anécdotas, fallou de todas as súas creacións literarias e asinou o noso libro de visitas e os exemplares das súas obras que solicitaron os participantes. 








Moitas grazas Arantza!

lunes, 17 de marzo de 2025

CLUB LECTURA "LECTORES S.A."

 

DÍA DO CÓMIC E O TEBEO 2025


O club de lectura Lectores S.A. composto por alumnado de 5º e 6º de primaria elaborou o cartel do día do cómic e do tebeo para a biblioteca. Axudados de moitos protagonistas do cómic ao longo da historia convidan a todos a celebrar esta festa do cómic.

                                      

E como non podía ser doutra maneira, o club propuxo como lectura dous cómics que tiveron moi boa acollida e gustaron moito aos participantes.

Hoxe, 17 de marzo celebramos a III edición do día do Cómic e do Tebeo en España. Data  elixida polo Goberno de España recordando a primeira publicación da mítica revista de historietas TBO pioneira do xénero no noso país.
Animádevos a celebrar esta xornada. Visitade a sección Cómic da nosa biblioteca de descubride as novidades que acubilla e lede cómic!!