Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación
de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai
algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións
autonómicas.
A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección
Xeral de Coordinación Bibliotecaria,
impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2022. A edición deste ano, baixo o lema
“BiblioTEcuida”, céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente
tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos
servizos e recursos, preocúpanse por atender as necesidades dos seus usuarios.
As bibliotecas están abertas a toda a cidadanía e son un piar fundamental ao
servizo das comunidades ás que pertencen."
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha
ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e
apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde
aprender e lugares para descubrir.
Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR , quere poñer o foco en todas as formas de
escrita que coida e ofrece a biblioteca escolar. A escrita como medio de
comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.
Clunyteka, a nosa biblioteca, reabre as súas portas á toda a comunidade
educativa. Tras os cambios sufridos polo
confinamento e o uso da sala para unha aula, o equipo traballa arreo no expurgo
e reorganización. Hoxe, Día das Bibliotecas
presentamos as primeiras actividades nesta nova andaina: o blog, o
préstamo, ás bibliotecas de aula, as
mochilas viaxeiras e os clubs de lectura.