martes, 21 de diciembre de 2021

PODCAST ESPECIAL NADAL

 RADIO CLUNY MERGÚLLASE NO NADAL

Os alumnos de 3º e 4º de primaria agasállannos con unha escolma de temas musicais propios do Nadal para escoitar en familia.

Esperamos que vos gusten!!

             RADIO CLUNY EN 3º A                                                 RADIO CLUNY EN 3º B





                                                                                                    RADIO CLUNY EN 4º B
    RADIO CLUNY EN 4º A 







BO NADAL!!


RECOMENDACIÓN LECTURA NADAL 2021

 

A LECTURA PODE ILUMINAR O TEU NADAL 

Descubre a maxia da lectura.

Preme neste vínculo e descubrirás como!!


 CLUNYTEKA RECOMENDA



miércoles, 15 de diciembre de 2021

MARATÓN DE LECTURA


 FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL: MARATÓN LECTURA 2021

Un ano máis, a Fundación Eugenio Granell convidounos a participar no Maratón de Lectura que, nesta ocasión, adicábase a Francisco García Lorca, irmán menor de Federico e, como el, integrante da Xeración do 27.

Alumnos de 6ºEP, 1º e 2º ESO, participaron na lectura conxunta de dous fragmentos da obra Federico y su mundo, escrita por Francisco García Lorca.
Antes de dar paso á lectura, o alcalde explicoulle a amizade que existía entre a familia de Eugenio Granell e a de Francisco.


Durante o acto, os alumnos de San José de Cluny puideron conversar, vía telemática, coa filla de Francisco, Gloria García-Lorca. O alcalde Xosé Sánchez Bugallo; e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, tamén colaboraron neste acto da Fundación Granell, que continúa co seu obxectivo de promoción e apoio á literatura.

martes, 7 de diciembre de 2021

CARAPUCHOS ABELLEIROS

ENTREGA DE PREMIOS

 

Oa gañadores da VII edición do  Concurso Carapuchos Abelleiros achegáronse á tenda de Xosé Manuel Durán , "A cesta da saúde", para recoller o seu merecido premio. 

Convertidos en pequenos apicultores, recibiron de mans de Xosé Manuel o tarro de mel adornado co deseño que cada un creou e quedaron emprazados para a visita á colmea, da que foron nomeados padriños, na próxima primavera.

O momento quedou recollido na prensa local.        noticia no xornal