“Potito” ou “potiño”? Ademáis ou ademais? papagaio? loro? pombiñas ou flocos de millo? Desde hai xa dous anos, a xornalista Esther Estévez encárgase desde a TVG de poñernos ao día sobre o correcto emprego da nosa lingua, facendo moi popular o lema #DIGOCHOEU que dá nome ao seu programa que, en pequenas doses podemos seguir a través da canle autonómica.
Os nosos rapaces de 6ºde EP quixeron levar a cabo unha pequena homenaxe
recreando algúns destes vídeos, e como podedes comprobar, fixérono estupendamente!
Preme no nome do alumno/a para poder velo.