miércoles, 23 de febrero de 2022

Concerto Real Filharmonía

 

“O GRANDE BEETHOVEN”

Con dous anos de retraso por mor da COVID 19, celebramos o 250 aniversario do nacemento do xenial compositor alemán Ludwig van Beethoven cos alumnos de 5º de EP.

Puidemos desfrutar no Auditorio de Galicia dunha mañá moi musical, co espectáculo “O grande Beethoven”, a cargo dos actores Sofía Nereida, António Miguel Teixeira e coa colaboración da nosa orquestra a Real Filharmonía de Galicia. 

Nesta obra cóntasenos a historia do músico de Bonn, un auténtico revolucionario do mundo da música, amosándonos algún segredo sobre a vida e o (mal?) xenio de Beethoven, e tamén a composición dos elementos e instrumentos da orquestra sinfónica.


Unha hora de teatro e obras moi coñecidas polos nenos que tiveron a oportunidade de escoitar fragmentos de composicións tan populares como as Sinfonías primeira e Sexta (coñecida como “Pastoral”) ou a Abertura Coroliano, e remataron cantándolle entre todos o feliz aniversario a ritmo da 9ª Sinfonía e a “Oda á alegría”.

Tratouse sen dúbida, dunha fermosa e inmellorable volta ás actividades que confiemos poidamos continuar levando a cabo de agora en diante.