jueves, 21 de diciembre de 2017



BELÉN NA BIBLIOTECA
Este Nadal na biblioteca do centro pode verse un orixinal Belén feito con libros e revistas sacados do expurgo da biblioteca. Tamén aparecen figuriñas feitas polos propios alumnos con diferentes materias de refugallo.











martes, 12 de diciembre de 2017

3º e 4º de Educación Primaria descubre a RUBICUNDO

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Primaria achegáronse o martes, 28 de novembro, ao Auditorio da Fundación Abanca para descubrir a Rubicundo, protagonista da adaptación teatral que a compañía dos Ghazafelhos realizou do libro de María Canosa, editado por Xerais e finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.


Esta obra, que traballaron os alumnos como lectura finalista do premio Frei Martín Sarmiento, está interpretada por tres personaxes, Erea, Darío e o propio Rubicundo e cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin distancias. Unha posta en escena chea de sorpresas que pasou pola música, os monicreques, a acrobacia e o claqué, entre outras.

Para quen queira descubrir a Rubicundo ou gozar da lectura desta historia, só ten que solicitar o libro na nosa biblioteca.

miércoles, 22 de noviembre de 2017

¿QUÉ OS PARECE NUESTRA NUEVA MASCOTA? 
¿CUÁL DE LOS DOS CARTELES OS GUSTA MÁS PARA NUESTRA CLUNYTEKA?




 

Esperamos impacientes inaugurar la nueva ubicación de la biblioteca y trabajamos sin descanso para que esté todo a punto lo antes posible. Una de las cosas que teníamos pendientes era la elaboración de estos carteles con la mascota de la biblioteca. Este simpático ratoncito fue el ganador del concurso de mascotas que hicimos a final del curso pasado. La afortunada fue Rocío Chao, una artista que actualmente está en 5º de Primaria ¿no es una monada? ¡Esperamos que os guste tanto como a nosotros!

jueves, 16 de noviembre de 2017

OS ALUMNOS DE 1º DE ESO PARTICIPAN NO PROGRAMA PRENSA-ESCUELA DE LA VOZ DE GALICIA



Os alumnos de 1º de ESO están participando durante este curso 2017-2018 no Programa Prensa-Escuela que organiza  La Voz de Galicia.
Mediante a lectura e a análise das noticias que aparecen nos xornais que nos envían ao centro todos os mércores, procuramos que os alumnos acaden os seguintes obxectivos:
·         Aprender a ler a prensa, a expresar libremente a súa opinión, a debater en grupo e a desenvolver o seu sentido crítico. 
·         Identificar os distintos tipos de artigos que aparecen no xornal, diferenciando información de opinión.
·         Usar a prensa como un recurso didáctico que facilite o desenvolvemento das súas actitudes e destrezas persoais, como a creatividade, a educación para o lecer e o estudo do medio.
·         Facilitar o acceso ao mundo dos medios de comunicación, coñecer a súa organización e desenvolvemento así como a súa influenza na sociedade. 
·         Tomar conciencia da importancia da información para formarse como cidadáns dunha sociedade plural e democrática. 
 Esta actividade compleméntase coa visita a finais de decembro ás instalacións de La Voz de Galicia e o Museo Santiago Rey Fernández-Latorre no Polígono de Sabón en Arteixo e con un encontro cun xornalista no mes de febreiro.