viernes, 28 de mayo de 2021

PREMIOS FREI MARTÍN SARMIENTO



 


GAÑADORES DA XVII EDICIÓN DOS PREMIOS FREI MARTÍN SARMIENTO



Na tarde do mércores 26 de maio, Escolas Católicas fixo entrega dos galardóns ás obras e autores recoñecidos na XVI edición dos Premios Frei Martín Sarmiento, cancelada pola Covid-19 fai un ano, e comunicou as obras e autores/as gañadores da XVII edición, que presentou como novidade o recoñecemento ao labor de tradución. Os alumnos de  de Educación Primaria foron convidados a participar no acto virtual da entrega de ditos premios.


Os autores  gañadores nas diferentes categorías foron:

Infantil: Se che pica un mosquito. Jordi Gastó e Christian Inaraja. Ed. Kalandraka;

1ª Categoría (1º -2º EP): Hércules o xigante. Unha torre de lenda. Enrique López. Ed. Hércules de Ediciones;

2ª Categoría (3º-4º EP):  Animalia 2 Branco. Xosé Tomás. Ed. Xerais;







3ª Categoría (5º-6º EP): Conta nove estrelas. Andrea Maceiras; Ed. Xerais

4ª Categoría (TRADUCIÓN) (1º-2º ESO): Maneiras de Vivir. Luis Leante. Tradución: Belén Rodríguez Suárez;

5ª Categoría (3º-4º ESO): Ardora. Beatriz Maceira. Urco Editora;

6ª Categoría (Bacharelato-adultos): Beleza Vermella. Arantza Portabales. Ed. Galaxia.










No hay comentarios:

Publicar un comentario