lunes, 3 de febrero de 2025

RETO LECTOR

 FEBREIRO, MES DA LINGUA GALEGA


A pioneira literaria da nosa lingua, Rosalía de Castro, naceu no mes de febreiro. 
Este ano dedicamos o noso reto deste mes á lectura en lingua galega. 

                                                

Seguindo a estela de Rosalía, moitas mulleres hoxe,  nos ofrecen interesantes lecturas. 






Descubre as súas obras e comparte a túa opinión nos comentarios.

jueves, 23 de enero de 2025

Club Lectura LENDEIROS

 ENCONTRO CON ROSA ANEIROS

                                                 

A sesión deste mes converteuse nunha entrañable conversa en torno a "A noite das cebolas", última obra publicada de Rosa Aneiros para adultos e proposta de lectura do club para este Nadal.

Unha vez máis Rosa conseguiu que o tempo voase e capa a capa foi descubrindo as curiosidades do seu bo facer literario.

Moitas grazas Rosa pola túa visita. 

martes, 7 de enero de 2025

RETO LECTOR

Xaneiro, mes da poesía

 No mes de xaneiro pon os pés no braseiro....e un libro de poemas na man



Ao calor do lume ou baixo unha manta no sofá mirando como chove, neva ou ventea detrás dos cristais da fiestra, déixate acompañar polos versos de calquera destes poetas. 







Tamén podes recomendar ti outro/a poeta. 
Agardamos polas túas recomendacións nos comentarios. 

jueves, 2 de enero de 2025