FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL: MARATÓN LECTURA 2021
Un ano máis, a Fundación Eugenio Granell convidounos a participar no Maratón de Lectura que, nesta ocasión, adicábase a Francisco García Lorca, irmán menor de Federico e, como el, integrante da Xeración do 27.
Alumnos de 6ºEP, 1º e 2º ESO, participaron na lectura conxunta de dous fragmentos da obra Federico y su mundo, escrita por Francisco García Lorca.
Antes de dar paso á lectura, o alcalde explicoulle a amizade que existía entre a familia de Eugenio Granell e a de Francisco.
Durante o acto, os alumnos de San José de Cluny puideron conversar, vía telemática, coa filla de Francisco, Gloria García-Lorca. O alcalde Xosé Sánchez Bugallo; e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, tamén colaboraron neste acto da Fundación Granell, que continúa co seu obxectivo de promoción e apoio á literatura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario