jueves, 21 de marzo de 2019

CLUNY NO MUNDO: DÍA DA POESÍA


No ano 1999 a UNESCO proclama o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía para impulsar e preservar o xénero lírico como una manifestación da diversidade no diálogo, da libre circulación das ideas mediante a palabras, da creatividade e a emoción.
A finalidade desta xornada é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade a todas as linguas de ser canle de comunicación artística nas súas comunidades.
Un dos seus obxectivos é promover a ensinanza deste xénero literario. Coincidindo con esta efeméride os alumnos de 4º EP realizan o seu proxecto literario: Historia da Poesía. A través desta actividade descobren o xénero lírico tanto en galego coma en castelán ao longo da historia da man dos máis ilustres poetas  e as súas obras máis relevantes.










martes, 12 de marzo de 2019

APADRIÑAMENTO LECTOR CLUNY SANTIAGO 2019

 
A nosa biblioteca organizou o apadriñamento lector encadrado nas actividades do proxecto lector do 2º trimestre deste curso. A actividade desenvolveuse en tres semanas onde o alumnado de 3º a 6º de primaria apadriñou aos alumnos e alumnas de 4º E. I.  a 2º E.P.
Unha vez  emparellados os  grupos  e seleccionadas as datas de realización comezou a actividade. Na primeira sesión coñecéronse os padriños/madriñas e os seus afillados/as e intercambiaron a información necesaria para poder elixir lecturas adecuadas aos gustos dos pequenos.
A segunda sesión precisou da visita á biblioteca escolar para atopar ese libro especial co que sorprender  a cada afillado/a. Princesas, animais, cabaleiros e castelos, superheroes ... todos  os padriños  encontraron o seu libro.
Tras unha semana de preparación chegou o gran día. A biblioteca acolleu durante toda a semana aos diferentes grupos para ser testemuña de grandes e emotivos momentos. En cada recuncho podíanse  presenciar  caras de admiración, emoción, ledicia, tenrura dos pequenos que moi atentamente seguían os relatos dos seus padriños.
E como unha imaxe vale máis que 1.000 palabras......