Mostrando entradas con la etiqueta Carapuchos Abelleiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Carapuchos Abelleiros. Mostrar todas las entradas

lunes, 20 de abril de 2026

CARAPUCHOS ABELLEIROS 2026

               

    O talento do noso alumnado voa ata as colmeas 
                         

Unha nova edición do concurso CARAPUCHOS ABELLEIROS patrocinado polo apicultor Xosé Manuel Durán celebrouse ao longo do mes de marzo. O alumnado de primaria realizou traballos con moita calidade que supuxo un reto para o xurado que despois de moito deliberar conseguiu presentar os  gañadores deste ano:

                  
                    1º EP: OLIVIA RODRÍGUEZ ABELLÁN        2º EP: SOFÍA IGLESIAS SOLÍS

                     
                   3º EP: GAEL CARRILLO PINTO            4ºEP: ISIS A. CÓRDOVA PORTÚNEZ

                       5º EP: GAELA AGÜERO                          6º EP: PAULA IGLESIAS SOLÍS

O luns 20 de abril achegáronse á tenda "A cesta da saúde" para recoller o seu tarro de mel e quedar convocados para a visita ás colmeas cando as abellas estean no momento de máxima actividade.

                                       

Na alvariza de Xosé Manuel xa están as colmeas ben bonitas cos debuxos desta edición. En xuño recibirán a visita das súas madriñas e padriño que poderán descubrir todos os segredos que gardan estes admirables insectos.

miércoles, 18 de junio de 2025

CARAPUCHOS ABELLEIROS

 


VISITAMOS AS COLMEAS




Os gañadores do concurso Carapuchos Abelleiros 2024-2025 e os da edición anterior que tiñan pendente a visita, achegáronse ás colmeas de Xosé Manuel para coñecer de primeira man ás súas afilladas. 
Ben protexidos  co traxe de apicultor aprenderon como é a vida dunha abella, o funcionamento das colmeas e moitas curiosidades sobre este incríble insecto.













viernes, 9 de mayo de 2025

CARAPUCHOS ABELLEIROS



 Un ano máis, a Biblioteca organiza xunto ao apicultor Xosé Manuel Durán, o concurso de debuxo CARAPUCHOS ABELLEIROSC para o alumnado de primaria.

Os alumnos/as deben propoñer un debuxo que se colocará xunto a porta da colmea para que as abelliñas poidan recoñecer cal é a súa casiña.

Na mañá do xoves 8 de maio, reuniuse o xurado para dirimir cales serían os mellores traballos, elixindo un por curso.

                                          

O luns 12 de  maio recibron o seu premio na tenda A cesta da Saúde e quedaron para o mes de xuño, onde poderán visitar a colmea que levará o seu debuxo como referente para as abelliñas.


A continuación presentamos os galardonados desta edición:

                        1º EP - SOFÍA IGLESIAS                           2º EP - VALERIA FORMOSO
                    3º EP - ARYA L. DEL RÍO                                4º EP - ALBA CATOIRA
                5ºEP - MENG YAO                                             6º EP- HAO CHENG LIU

PARABÉNS A TODOS!!

viernes, 12 de abril de 2024

ACTIVIDADE DO MES DE FEBREIRO

CARAPUCHOS ABELLEIROS 2024


Durante o mes de febreiro desenvolveuse a VIII edición do Concurso de debuxo CARAPUCHOS ABELLEIROS que organiza a Biblioteca do centro atendendo á proposta do apicultor Xosé manuel Durán. Nesta ocasión, baixo o lema "AXUDA ÁS ABELLIÑAS A CHEGAR Á SÚA CASIÑA" o alumnado de primaria deberá presentar un debuxo que facilite a identificación da colmea para as abellas.


 XA TEMOS GAÑADORES!


O luns 18 de marzo reuniuse o xurado,  composto por: Xosé Manuel Durán (apicultor e promotor do concurso), Cristina Viña  (profesora de Educación Plástica ESO) e Emma Canitrot (respresentante do Equipo de Biblioteca) e, tras unha laboriosa deliberación debido á alta calidade das obras presentadas, acordaron conceder o premio aos seguintes traballos:

     DANIELA GALLEGO CAJARAVILLE 1º A            DIEGO LÓPEZ LORENZO  2ºB

       GABRIELA ALVA DOMÍNGUEZ 3ºA               VALENTINA MONTERO CASTRO 4ºB

            EMMA SMITH REY  5ºB                                        SOFÍA PÉREZ MOLINA 6ºA

O venres 12 de abril os galardoados recibiron o seu tarro de mel na tenda de Xosé Manuel "A cesta da saúde" e xa máis entrada a primavera terán ocasión de visitar a colmea que levará o seu debuxo e da que serán nomeados padriños ou madriñas.

Parabéns aos gañadores!!

jueves, 15 de junio de 2023

VISITA ÁS COLMEAS

 

Os ganadores do concurso "CARAPUCHOS ABELLEIROS" achegáronse ás colmeas de Xosé Manuel para coñecer ás súas afilladas.

(Compartimos a nosa visita: preme nos enlaces)



Despois de vestirse para a ocasión coñeceron ás abellas e seguiron moi atentos ás ensinanzas de Xosé Manuel sobre a vida e os costumes destes insectos.






Aprendendo con X. Manuel                                             Outra lección do apicultor

                                                   Leticia, a raíña da colmea



MOITAS GRAZAS, XOSÉ MANUEL!!!