viernes, 17 de enero de 2020

ANIMACIÓN Á LECTURA: A ADIVIÑA DO DÍA

A ADIVIÑADO DÍA


O alumando de 1º e 2º de Educación  Primaria estrea concurso na nosa biblioteca. Durante unha semana tentarán descubrir a solución ás adiviñas propostas. Xa temos os equipos feitos e hoxe comeza a competición. Á hora do recreo atoparán na biblioteca a primeira adiviña e terán ata ás 13.30 horas para depositar a súa resposta na caixa habilitada para iso. O ranking estará exposto na porta da biblioteca. Moita sorte a todos!










domingo, 5 de enero de 2020

Animación á lectura: Reto lector Cluny



RETO LECTOR 2020




A árbore da biblioteca, fogar  da nosa mascota, perdeu as follas no outono. Precisamos valentes lectores que acepten o reto de ler un libro cada mes para devolverlle a súa frondosidade. Se te decides, solicita o teu carné na biblioteca e lánzate á lectura. Este mes de xaneiro a proposta é libros de misterio ou aventuras. Na nosa biblioteca atoparás moitos títulos para elixir.
A nosa árbore precisa da túa axuda, atréveste?