martes, 4 de diciembre de 2018

PEQUENOS ”GRANDES” ESCRITORES


Os alumnos/as de  2º de EP recibiron un exemplar da súa creación literaria “Rosa. Un corazón de vento”.

O conto é o resultado da súa participación durante o  curso anterior na actividade Conto Viaxeiro organizada polo Concello de Santiago. Xunto aos compañeiros doutros colexios da cidade elaboraron  un conto. Cada centro aportaba unha parte da historia ou unha  ilustración seguindo a técnica do conto cooperativo.
A evolución da actividade pódese seguir no seguinte enlace: http://contoviaxeiro.santiagodecompostela.org/blog/
Se che apetece coñecer a Rosa só tes que buscala na nosa biblioteca.

RETALES POÉTICOS


En la recta final de este trimestre, los alumnos/as de 3º de EP descubrieron la poesía: leyeron, recitaron y crearon poesías; conocieron a Espronceda, a Gloria Fuertes, a Lorca y a otros autores de la poesía española de todos los tiempos que los acercaron a este género literario. Y como muestra de que el arte flota en el ambiente, delante de sus aulas se mecen al viento todas estas creaciones.

lunes, 3 de diciembre de 2018

GAÑADORES DO CONCURSO “CARAPUCHOS ABELLEIROS”



O pasado xoves,  22 de novembro,  reuniuse o xurado do concurso “Carapuchos Abelleiros” e tras duras deliberacións elixiron o gañador/a de cada unha das categorías.
Os premiados son:
1º EP: Alicia Tábora Álvarez-Santullano
2º EP: Diego Suárez Sánchez
3º EP: Lúa Otero Lenzós
4º EP: Miriam Toande Salvado
5º EP: Iria Fernández Fernández
6º EP: Rocío Chao Fernández
Nesta semana achegáronse á tenda “A cesta da saúde”  para recoller o seu merecido galardón: un tarro de mel decorado co seu correspondente carapucho. Queda pendente na próxima primavera unha visita á colmea.
Parabéns aos artistas!!

https://www.google.es/amp/s/www.lavozdegalicia.es/amp/noticia/santiago/2018/12/03/escolares-colegio-cluny-reciben-premios-conocer-mundo-miel-abejas/0003_201812S3C5994.htm