miércoles, 9 de noviembre de 2022

Arrancan os clubs de lectura!!



Este mércores 9 de novembro comezou a actividade dos clubs de lectura do noso alumnado. Tras unha divertida presentación, cada club elixiu o nome e logo que os identificará ao longo do curso. 

Despois  descubriron a proposta de lectura para este mes:




Desexámoslles unha feliz lectura!!

martes, 8 de noviembre de 2022

LINGUA GALEGA 4ºEP

Clase de lingua con profesores de excepción

Os alumnos de 4º de primaria tiveron a súa clase de lingua galega do venres 28 de outubro na biblioteca do centro. 

Traballaron sobre as celebracións do outono en Galicia como o  Samaín, Todos os Santos e os Magostos. 

A sesión foi dirixida por uns profes de excepción: os avós dalgúns compañeiros que moi amablemente aceptaron a invitación para contar como era a súa infancia.  

Descubriron as tradicións de Ourense, Xinzo de Limia, Porto do Son e Lira. Tamén coñeceron como era a noite das Almas Blancas, na víspera de Todos os Santos, en Mogarraz (Salamanca) pobo natal dun dos avós que nos visitaron 


Compartiron moitas lembranzas: tocar as campás, visitar os cemiterios, recoller castañas e asalas nas lareiras, os xoguetes que elaboraban eles mesmos, a escola, o seu traballo de pastorear vacas sendo uns raparigos...

Tamén animaron aos rapaces a valorar o que teñen na actualidade e aproveitar as oportunidades que a vida lles está ofertando. 

Toda unha lección!!

CARAPUCHOS ABELLEIROS

 CLUNYTEKA CONVOCA 


 VII EDICIÓN DO CONCURSO "CARAPUCHOS ABELLEIROS"