lunes, 29 de enero de 2018

AXUDANTES DA BIBLIOTECA COMEZAN A CATALOGAR

HOXE OS AXUDANTES DA BIBLIOTECA COMEZARON A CATALOGAR E AXUDAR NA COLOCACIÓN DOS LIBROS

Temos uns axudantes imposibles de igualar! 
Hoxe estes nenos/as axudantes emprenderon a viaxe da Clasificación Decimal Universal levados da man da profesora Emma, Coordinadora da Comisión da Biblioteca. En poucos minutos aprenderon a catalogar os libros no Programa Meiga e a colocalos no lugar axeitado aportando unha axuda inestimable á Biblioteca do Centro. Grazas, rapaces, sodes unha inspiración para nós!







miércoles, 24 de enero de 2018

INICIAMOS O RETO LECTOR! ATRÉVESTE?

Comezamos o ano cheos de ilusións e motivacións, e cargados de bos propósitos. No Colexio de Cluny invitamos a todos os alumnos de primaria a que se atrevan cun reto lector. A idea é que os rapaces lean un libro cada mes, seguindo as indicacións que lles damos na súa credencial:
- Xaneiro: Un libro do que che gusten as ilustracións.
- Febreiro: O libro favorito dun amigo/a ou familiar.
- Marzo: Un libro do que despois poidas ver a película. 
- Abril: Un clásico literario.
- Maio: Un libro escrito en galego.
- Xuño: Un cómic.

A medida que os nenos van superando os retos, os membros da comisión de Biblioteca póñenlle un selo da Biblio acreditando a súa lectura. Mirade que selo tan bonito fixemos!
Por último, a cada neno se lle entrega unha folla da árbore do Reto Lector, na que escribe o seu nome e apelidos e o título do libro que acaba de ler, enchendo de follas a nosa árbore da Biblioteca. Esperamos que a fin de curso a nosa árbore estea ben frondosa! Que vos parece? Os nenos están entusiasmados!



miércoles, 17 de enero de 2018

APADRIÑAMENTOS LECTORES
Comezamos coa actividade de Apadriñamentos Lectores organizada cos rapaces de primaria e infantil. Os maiores apadriñan nenos de menor idade co obxectivo de animalos a ler e descubrir o gusto pola lectura. 
A actividade consta de 3 sesións, nas que primeiro os nenos se coñecen, os padriños descubren os gustos de cada un dos seus afillados e buscan os seus centros de interese; posteriormente van á Biblioteca do Centro e buscan o libro mais axeitado para el, e nunha terceira sesión reúnense de novo e os maiores cóntanlle o conto aos pequenos, acompañándoo de música, de títeres, ou do que o neno considere.
Da gusto ver o contentos que están tanto padriños coma afillados!




 

martes, 16 de enero de 2018

COMEZAN A TRABALLAR OS AXUDANTES DA BIBLIOTECA
¡Vaia equipazo que temos na Biblioteca! Hoxe comezamos co grupo de alumnos AXUDANTES DA BIBLIOTECA ESCOLAR e asegúrovos que estes nenos prometen moito! Despois de explicarlles a Clasificación Decimal Universal (CDU) traballaron a reo para catalogar, selar e colocar un bo número de libros. Aínda queda moito por facer, pero pouco a pouco imos dando pasiños e con estes axudantes de categoría o traballo é moito máis levadeiro! Que orgullosos estamos deles!



viernes, 12 de enero de 2018

Maratón de Ortografía 4º EP

Los alumnos de 4º de primaria realizaron un Maratón de Ortografía para repasar los contenidos trabajados durante el trimestre.

La primera sesión se realizó en la biblioteca, donde por grupos y peleando contra el reloj trataron de conocer y acentuar la larga lista de palabras propuesta. La segunda jornada fue en el aula de informática, allí repartidos en parejas fueron superando los diferentes juegos de ortografía y vocabulario. En las siguientes sesiones se pusieron a prueba con la adaptación del juego tradicional conocido como “Arriba España” o “Tuttifrutti” donde la agilidad y la riqueza de vocabulario son básicas para completar con éxito cada propuesta. Un día practicaron individualmente y el otro en equipo. Qué emociónate y divertido!!