Xaneiro, mes do misterio
CLUNYETKA recomenda:
Clunyteka en tempos do COVID-19
Xa podes desfrutar da lectura dos libros da nosa biblioteca. O equipo da
Clunyteka ten todo listo para poder ofrecer o servizo de préstamo a pesar do
Covid-19.
Podes elixir un libro dende a túa casa a través da biblioteca virtual http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CEH040 e solicitalo polo correo electrónico da biblioteca (clunyteka@gmail.com) ou cumprimentando o formulario nas Clunytekas móbiles.
O equipo de biblioteca atenderá a solicitude coa maior brevidade e
fará chegar os libros á túa clase.
As devolucións realizaranse nas caixas das Clunyetkas móbiles. O equipo de
biblioteca fará a recollida periódica e corentena dos fondos.
No blog compartiremos recomendacións de lectura, comunicacións das novidades, presentación de actividades e terás a posibilidade de comentar os teus libros favoritos.
Non nos perdas de
vista!
LECTURAS PARA ESTE NADAL
Non sabes que aventura ler ou con que poema deixarte levar nestas vacacións? Preme neste vínculo e descubrirás sorpresas maravillosas!!
Angélica Dass: ¿De qué color es el color carne?
O CLUB DE LECTURA “FRAPS” RECOMENDA …
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta é unha homenaxe ás novelas de aventuras, unha viaxe no tempo cargada de maxia onde todo é posible.
O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía?
Atrévete a descubrilo!
Solicita o libro na biblioteca e acompaña a Jules Verne na súa aventura. Esperamos o teu comentario....
Carapuchos abelleiros 2020
Un ano máis a nosa Biblioteca presenta o concurso “CARAPUCHOS ABELLEIROS”. Destinado aos alumnos de primaria, o concurso fomenta a creatividade e o coidado da casa común. Os participantes presentarán un debuxo relacionado coas abellas, as flores, a polinización ou o medio ambiente xunto a unha frase, en lingua galega, que recolla a idea traballada. O xurado elixirá un gañador por curso que recibirá una tarro de mel, ser nomeado padriño ou madriña dunha colmea e a posibilidade de visitala en primavera ou cando a situación que estamos a vivir o permita.
Presentamos o cartel desta edición e recordamos que poderedes consultar todas as novidades sobre o concurso no blog CLUNYTEKA.