domingo, 21 de febrero de 2016

VISITA A "LA VOZ DE GALICIA" DOS ALUMNOS DE 1º/2º ESO

OS ALUMNOS DE 1º E 2º DE ESO PARTICIPAN NO PROGRAMA PRENSA-ESCUELA E VISITAN AS INSTALACIÓNS DE LA VOZ DE GALICIA
Os alumnos de 1º e 2º de ESO están participando durante este curso 2015-2016 no Programa Prensa-Escuela que organiza La Voz de Galicia. Mediante a lectura e a análise das noticias que aparecen nos xornais que nos envían ao centro todos os mércores, procuramos que os alumnos acaden os seguintes obxectivos:
·         Aprender a ler a prensa, a expresar libremente a súa opinión, a debater en grupo e a desenvolver o seu sentido crítico. 
·         Identificar os distintos tipos de artigos que aparecen no xornal, diferenciando información de opinión.

·         Usar a prensa como un recurso didáctico que facilite o desenvolvemento das súas  actitudes e destrezas persoais, como a creatividade, a educación para o lecer e o estudo do medio.
·         Facilitar o acceso ao mundo dos medios de comunicación, coñecer a súa organización e desenvolvemento así como a súa influenza na sociedade. 
·         Tomar conciencia da importancia da información para formarse como cidadáns dunha sociedade plural e democrática. 
       Dentro das actividades que ofrece este programa, os alumnos visitaron as instalación de La Voz de Galicia e o Museo Santiago Rey Fernández-Latorre no Polígono de Sabón en Arteixo. Alí puideron  coñecer de primeira man como se traballa nun periódico ademais de botar unha ollada á  historia da prensa vendo maquinaria de artes gráficas de distintas épocas e máis de cinco mil publicacións procedentes de todo o mundo.