“O defecto do libro electrónico é non ser tan
fermoso como o de papel.”
Unha entrevista ao director de Editorial Galaxia, Francisco Castro.
Por Carolina Nieto e Marta Rico.
O venres 28 de maio de
tivemos o inmenso pracer de recibir mediante unha vídeo conferencia ao escritor
e editor Francisco Castro, que en decembro de 2016 sucedeu como director da
Editorial Galaxia a Víctor Freixanes. Nado en Vigo, leva moitos anos traballando
e colaborando activamente con medios de comunicación, tanto de comentarista en
xornais como na radio e televisión pública de Galicia. Entre as obras máis
laureadas de Francisco Castro encóntranse Play-Back
(Premio Lueiro Rey de Novela Corta, 1997), Xeografías
(finalista del Premio de Narrativa Erótica Positivas, 2001), Xeración perdida (Premio Cartafol de
Vieiros ao mellor libro do ano, 2004) e Spam
(Premio Blanco Amor de Novela, 2005).
O motivo da visita virtual do
afamado escritor foi a propia Editorial Galaxia, e todas as preguntas que
tiñamos ao respecto. Para Francisco Castro, a Editorial Galaxia ten papel
fundamental, xa que nace nun contexto difícil: o franquismo. Tras a guerra
civil española e debido a ditadura de Franco, o galego sufriu una época de
retroceso, e a organización creouse coa principal finalidade de ser unha canle
de expresión para a lingua galega. O autor vigués resaltou algunhas das etapas
ou puntos álxidos da Editorial Galaxia, tales como o día da propia fundación (o
25 de xullo de 1950), o día da publicación do seu primeiro libro A antífona da cantiaga de Ramón Cabanillas; o nacemento da revista Grial, en 1963 e a
incrible labor de Víctor Freixanes como anterior director, principalmente pola
modernización que levou a cabo.
Respecto á súa propia labor,
Francisco Castro é bastante humilde. O que as súas verbas nos deixaron entrever
foi un gran empeño por que máis mulleres fagan da literatura a súa profesión, que
os nenos e os adolescentes que fan uso de libros infantís e xuvenís medren e a
implantación dun novo xénero na Editorial: o teatro. O director fala da
Editorial como moito agarimo, e defínea como un evidente punto de conversión
entre os clásicos e as novidades, e a búsqueda da calidade co servizo e a
contribución a Galicia e ao noso país, xa que nunca ─e ao dicir nunca é nunca─, ningún dos accionistas recibiu
un céntimo.
Ademais tamén falamos da revista
Grial, unha revista culta cuxa creación era totalmente necesaria para poder
permitirse competir con outras linguas. Sen embargo, a Editorial e a revista
poderían ter existido se a outra non, porque aínda que pode parecer que unha
surxiu da outra, en realidade ambas creáronse paralelamente, e a unión entre
elas só se debe a unha sa retroalimentación ideolóxica. Pódese dicir case que a
Editorial e a revista Grial medraron xuntas.
E correndo os tempos que corren non
puidemos evitar preguntar polo coronavirus que asolou as nosas vidas xa hai
máis dun ano. A Editorial vive exclusivamente de dos campos: as librarías e a
educación, e ambas víronse afectadas polo virus este ano pasado. Segundo
Francisco Castro, a repercusión foi terrible, xa que perderon as vendas de
libros e tiveron que pechar, dando por perdida a economía. Pero ese vicio que é
ler, ese vicio completamente positivo, e o entusiasmo e o compromiso dos
lectores e lectoras fixo que a recuperación fora moito máis rápida do
imaxinable.
Pero na actualidade enfrontámonos a
outro grave problema, e non é o covid-19, senón a perda de lectores mozos que
sigan coa lingua galega. Segundo o propio director da Editorial, ben pouco hai
que facer se existe unha sociedade sen lectores. A razón da existencia da
lingua galega é o seu uso, e se cada vez se perden máis mozos e mozas que
continúen espallando o idioma este rematará por desaparecer. Se a lingua
esmorece, o fai tamén a cultura e a industria, provocando un gran déficit
cultural.
Isto vese algo reflectido na lenda
urbana de que o libro de papel está a ser desbancado polo libro electrónico. En
verdade hai máis ruído que noces, posto que hai máis de quince anos para atrás
que xa se falaba da morte do libro físico, e aínda segue en pé. O director da
Editorial explícanos que aquel que le de verdade, o que le no seu tempo de
lecer, e que o fai porque lle gusta, adoita a preferir o tacto do papel antes
que un dispositivo. A media de uso de un e-book
en España é dun catro por cento, xa que só as persoas menores de sesenta anos
que gustan da lectura pásanse a este método por aforro. O defecto do libro
electrónico é non ser tan fermoso como o de papel.
Pero para evitar iso está a
Editorial Galaxia, que conta con máis de catro mil libros en catálogo, e outros
dous mil títulos preparados para publicar este ano. Están moi orgullosos da súa
colección «A lanterna de Aristóteles», que divulga datos científicos do mundo
que non sabiamos e que son tremendamente divertidos. Un exemplo é o H2... oh!!!, de María Canosa e ilustrado
por Luz Veloso. E tamén da tirada que tivo O
último barco, de Domingo Vilar, do que se venderon máis de dez mil libros
en tan só tres meses.
Francisco Castro recoñece que o
maior proxecto da Editorial é manterse viva sen buscar ningún tipo de beneficio
económico, debido a que o capital é
integramente galego, e todo isto sen falar da dificultade que presenta a
competición con plataformas dixitais. Pero non son razóns suficientes para
quitala do medio, e a Editorial Galaxia segue, sempiterna, dotando de sabedoría
á xente galega.