viernes, 1 de diciembre de 2023

Homenaxe

 

CLUNYTEKA HOMENAXEA A EL HEMATOCRÍTICO


O alumnado de 1º ciclo, na súa cita semanal na biblioteca, recordou ao recentemente falecido Miguel López “EL HEMATOCRÍTICO”. Descubriron os seus libros na biblioteca e coñeceron algún dos seus personaxes nunha sesión de contacontos dirixida por tres compañeiros da ESO, membros do equipo de voluntarios da biblioteca.

Quédanos a pena da súa marcha e a ledicia de contar con todos os seus personaxes na nosa biblioteca.




jueves, 26 de octubre de 2023

INAUGURACIÓN DO CLUB DE LECTURA

 Encontro con Ledicia Costas

Nunha intensa tarde de chuvia achegouse Ledicia Costas á nosa biblioteca para compartir un faladoiro cos participantes dos clubs de lectura de nais/pais e alumnos/as.

Foi recibida polos lectores de Golpes de Luz que agardaban con entusiasmo e expectación a oportunidade de coñecer máis detalles da historia que acubilla o libro e felicitar persoalmente á escritora polo  seu éxito e bo facer literario.

Tras unha agarimosa sinatura de exemplares, chegou a quenda dos lectores máis novos. Con eles departiu sobre a importancia da lectura e a escritura na infancia e xuventude e desvelou moitos segredos sobre a súa vida e o oficio do escritora. Moitos dos seus personaxes desfilaron pola biblioteca da man da súa creadora para quedar no corazón da rapazada.

 Foi unha tarde chea de ledicia coa gran Ledicia Costas. Moitas grazas pola túa visita.





martes, 24 de octubre de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS



 O lema deste ano, “Tecendo comunidades”, pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades.

A nosa biblioteca vai tecendo, cal arañeira, as súas actividades implicando a toda a comunidade educativa. Os equipos de voluntarios están preparando a ludoteca, os máis pequenos van descubrindo as mochilas viaxeiras e unha morea de contos para o seu proxecto,  as bibliotecas de aula xa están operativas para todo o alumnado de primaria e inauguramos os clubs de lectura coa visita da escritora Ledicia  Costas.

Clunyteka celebra o día das bibliotecas escoitando co corazón para poder ofrecer o mellor servizo a toda nosa comunidade educativa.

 

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!!





jueves, 22 de junio de 2023

LECTURAS PARA O VERÁN

Non te perdas a nosa recomendación lectora para este verán!!

(preme no enlace)

CLUNYTEKA recomenda


                                                                  

O equipo de Biblioteca deséxavos unhas felices vacacións!  

Vémonos en setembro.

Proxecto 1ºESO

     Interpretando a arte con Xeometría-MathClunyArt      

                                        

O alumnado de 1º ESO realizou un proxecto solidario ao longo deste curso. O profesorado de matemáticas, arte, plástica e tecnoloxía traballou coordinado para que os alumnos elaboraran coxíns que servirán para unha recadación benéfica.


O   desenvolveuse dende as sesións de  matemáticas (xeometría, cambios de unidades) e  de plástica (selección de obras de arte)





Ademais, contamos coa colaboración de equipos de apoio constituídos por familias voluntarias  con coñecementos de costura para o labor de ensamblaxe das pezas cortadas. Para esta fase, tamén necesitamos a cesión de 7 máquinas de coser durante  20 días.





Tras a elaboración dos coxíns o alumnado realizou unha poxa coa finalidade de  recadar fondos para colaborar cunha escola en Paraguay.








Desta forma, os alumnos aprenden colaborando co noso entorno, en grupos de traballo cooperativo poñen en valor a arte contemporánea e dan resposta á necesidade de traballar en materia de sustentabilidade, solidariedade e responsabilidade coa comunidade atendendo ao currículo de 1ºESO.