A nosa árbore da lectura foi testemuña da entrega de premios aos alumnos/as que superaron o reto lector do curso pasado. Este acto marca o punto de partida do curso 2024-25.
O alumnado de 5º e 6º enfróntase ao reto de ler, como mínimo, un libro cada mes durante este curso. A árbore da lectura que preside o seu corredor actuará de medidor das lecturas e de indicador da temática de lectura seleccionada para cada mes. Despois de ler, os lectores/as realizarán a recomendación do seu libro no blog, sellarán o seu carné lector e decorarán unha flor que medirá o seu ritmo de lectura.
Esperamos que na primavera do 2025 a nosa árbore estea ben florida.
Moito ánimo a todos!!