jueves, 28 de enero de 2016

Pequena trapallada e algunha que outra batalla

EP VISITA O TEATRO PRINCIPAL


O pasado lúns 26 de xaneiro os alumnos de terceiro de primaria asistimos a representación da obra titulada “ Pequena trapallada e algunha que outra batalla” no Teatro Principal de Santiago..


Na devandita función coñecimos a Rosiña, Laranxiño e Mariña unha tropa militar fora do común cuxas peripecias absurdas e cheas de humor fixéronnos reflexionar sobre o sinsentido das guerras e as súas consecuencias.
A obra é un canto a tolerancia e a resolución pacífica de conflictos xa que a guerra  só alimenta os egos de xente sen escrúpulos.

Gustóunos especialmente a xestualidade tan  esaxerada dos actores xa que xunto cun texto cheo de retranca galega e unha música moi rítmica levounos en moitas ocasións a rirnos de bó grado.

Nun obradoiro previo a función recibíramos no colexio a visita dunha componente da compañía de teatro Bocaberta quen nos anticipara a temática da obra e nos falara de certos recursos actorais que poderíamos observar na posta en escea dos personaxes .
Ademáis poidemos sentirnos actores por un día xa que a traverso de dinámicas variadas e divertidas practicamos a improvisación , a xestualización   a representación e a comunicación de emocións básicas tendo como público aos nosos propios compañeiros de clase! 
 Encantounos a experiência:  rímos moito , descubrimos vocacións actorais incipientes nalgún compañeiro! e axudounos a valorar moito máis o traballo dos actores!

Voltaremos ao teatro moi pronto! 


 





domingo, 24 de enero de 2016

OBRADOIRO DE CREACIÓN LITERARIA

OS ALUMNOS DE 1º DE ESO PARTICIPARON NUN OBRADOIRO DE POESÍA
     Os alumnos de 1º de ESO participaron a finais do 1º trimestre nun obradoiro de creación literaria. Aprenderon a expresar a través da poesía os seus sentimentos, estados de ánimo e o seu punto de vista persoal sobre o que os rodea. Estimularon a súa sensibilidade poética e fomentaron a creatividade literaria, o que lles permitiu coñecer a fondo a linguaxe poética e as súas posibilidades expresivas.
     Non só compuxeron os seus poemas senón que tamén participaron nunha sesión de declamación dos mesmos que comezou e rematou coa interpretación por parte de dous alumnos da clase de varias pezas de música tradicional con gaita e pandeireta.
     Resultou unha actividade enriquecedora, creativa e moi motivadora para os alumnos.