sábado, 23 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO



Cluny celebra o día do libro




Que é un libro para ti?  un grupo de alumnos de 3º tiveron ocasión de compartir esa reflexión.






O alumnado de educación infantil asistiu, no patio do colexio,  a un espectáculo onde puideron compartir os seus sentimentos, experimentando a sensación de grupo e gozando do conto: "La aventura de Yacaré"Kamishibai, en xaponés: teatro de papel”.



KAMISHIBAI palabra xaponesa que significa teatro de papel, é unha forma de contar contos  moi popular en Xapón.  Está formado por un conxunto de láminas que ten un debuxo nunha cara e o texto na outra. O kamishibai nunca falla, é máxico, sempre consigue atrapar a atención dos rapaces, facelos atravesar esa liña que separa a fantasía da realidade.  Une a maxia das palabras coa vistosidade das imáxes captando a atención de todos. Desperta a súa imaxinación e fantasía, fomentando o gusto pola lectura e a escritura.


A longo da semana, os alumnos do 1°ciclo celebramos a Semana do libro: 

elaboramos minicontos, escribimos historias e cómics, coñecemos lendas de diferentes partes do mundo, creamos fábulas...


e representamos funcións no salón de actos para os nosos compañeiros. 












Somos pequenos escritores pero xa, grandes lectores. 

lunes, 18 de abril de 2022

DÍA DE ROSALÍA

 HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

Un ano máis participamos na Homenaxe a Rosalía. Esta foi a nosa aportación:

Fai 185 anos este lugar onde nos atopamos denominábase O Camiño Novo no Agro da Barreira, daquela pertencente ao Concello de Conxo.

Xusto neste mesmo sitio había unha casa na que tal día coma hoxe nacía unha nena.

Esa nena foi bautizada na Capela do Hospital Real, actualmente Hostal dos reis Católicos, cos nomes de María Rosalía Rita de Castro.

Rosalía converteuse, co tempo, nunha grande das nosas letras, unha muller con conciencia galega que escribiu sobre as súas vivencias, sentimentos e lembranzas da súa terra, en especial da súa cidade natal.

Hoxe dámoslle voz a 3 poemas do seu libro “Follas Novas” que recollen ese recordo.



EN CORNES

 Cornes era unha aldea do concello de Conxo ao final dos Agros da Barreira onde edificaron a estación do tren coa 1ª liña de ferrocarril de Galicia entre Cornes e Carril. Tamén era o paso cara o bosque de Conxo, lugar de lecer para os composteláns onde moitas veces foi pasear Rosalía coas súas amizades.


En Cornes



NA CATEDRAL

A Catedral de Santiago está moi presente nos textos de Rosalía. Nesta selección de estrofas do poema Na Catedral, que recolle Follas Novas, Rosalía fai un retrato do interior da basílica e comparte con nós a súa devoción pola Virxe da Soidade a quen rezaba na Capela da Corticela.






ADIOS!

Podería dicirse que a maior parte da vida de Rosalía transcorre en Santiago. As súas ausencias da vila (Madrid, Simancas, A Coruña ...) se deben aos cambios de traballo do seu home, Manuel Murguía. As despedidas son moi emocionantes e mostran a morriña da autora pola súa terra. O poema Adios recollido en Follas Novas é unha entrañable despedida.