viernes, 23 de diciembre de 2022

NADAL 2022

 Os máis pequenos da familia Cluny felicitan o Nadal.




Este é o resultado do traballo realizado polas profesoras e alumnos de educación infantil do noso cole que se embarcaron neste precioso proxecto. 

Agradecemos a vosa creatividade, ilusión, e bo facer. Grazas tamén a todas as persoas que o fixeron posible.


PROXECTO NAVIDAD CLUNY

RECOMENDACIÓN NADAL 2022


Chega o Nadal e dende Clunyteka queremos ofrecer unha morea de ideas para vencer o aburrimento: xogos, películas, música e moita, moita lectura para toda a familia.

Preme no enlace e descubre a nosa proposta.

RECOMENDACIÓN NADAL 2022 



O equipo de biblioteca deséxavos BO NADAL!!


lunes, 12 de diciembre de 2022

FAMILIAS ADOLESCENTES



 CHARLA- COLOQUIO 



Dentro do programa Lectura e Familias das Bibliotecas Escolares, organízase un obradoiro-coloquio para pais e nais de fillos adolescentes, así como para calquera outro membro da comunidade educativa que queira aprender novas formas de abordar os conflitos cos/as adolescentes


 Mércores 14 de decembro

17:45 ás 19:15 h

Biblioteca do colexio


Para participar na actividade e poder organizala mellor, é preciso confirmar a asistencia, enviando un correo á secretaría do centro, ata o luns 12 de decembro (incluído).


Animádevos a participar!!

miércoles, 7 de diciembre de 2022

Carapuchos abelleiros 2022

 Entrega de premios



Os gañadores da presente edición do concurso achegáronse á tenda A Cesta da Saúde,  na mañá do 7 de decembro recoller o seu tarro de mel. Os carapuchos deseñados polos rapaces decorarán os tarros da produción de mel desta tempada.

Tamén probaron os traxes de apicultor que utilizarán na primavera para visitar ás súas afilladas, as colmeas que posúe Xosé Manuel. 



Xa podemos mercar a mellor e máis saudable vacina contra a gripe deste inverno: o mel. Agradecemos a Xosé Manuel á súa colaboración e aos alumnos a súa creatividade.

jueves, 1 de diciembre de 2022

Gañadores Concurso Carapuchos Abelleiros

  VII EDICIÓN DO CONCURSO "CARAPUCHOS ABELLEIROS"

FALLO DO XURADO


O xurado  do concurso "Carapuchos Abelleiros" reuniuse o mércores 30 de novembro. Este ano os alumnos esmeráronse na elaboración dos deseños artísticos e das frases alusivas polo que conseguiron que a decisión fora moi complicada. De feito , na categoría de 6º EP non foron quen de elixir un gañador e decidiuse entregar un premio compartido.









Os galardoados son:


MATEO                                                     VALERIA                                    VALENTINA
PEREIRA MOREIRA                               GONZÁLEZ PEREIRA               FERNÁNDEZ  CEINOS              1º EP                                                      2º EP                                          3º EP

LAURA MÉNDEZ MENDOZA                                             DANIEL MARTINÓN FERRERO
4º EP                                                                                                                             5º EP


ALBA LAGE RODRÍGUEZ                              6º EP                 UXÍA IGLESIAS OTERO



O premio, que consiste nun tarro de 1Kg de mel, será recollido polos gañadores o próximo mércores na tenda de Xosé Manuel: "A cesta da saúde".
A visita ás colmeas realizarase na primavera, cando as abellas estean en proceso de produción.
En hora boa a todos os premiados!!