Benvidos ao blog da biblioteca do colexio San José de Cluny de Santiago de Compostela.
Buscar este blog
lunes, 27 de junio de 2022
CLUNYTEKA RECOMENDA
domingo, 19 de junio de 2022
VISITA ÁS COLMEAS
Os "Carapuchos abelleiros" premiados visitan ás súas afilladas.
O pasado mércores 15 de xuño, os alumnos gañadores da última edición do concurso "carapuchos abelleiros" achegáronse ás colmeas para coñecer perosalmente ás súas afilladas. O premio por gañaren o concurso consitía en recibir un Kg de mel e visitar unha colmea da que foron nomeados padriños.
Toda unha sesión de ciencias en plena natureza que compartimos no seguinte enlace. visita á colmea
martes, 31 de mayo de 2022
LETRAS GALEGAS 2022
DESCUBRINDO A FLORENCIO DELDAGO GURRIARÁN
Durante estes días estivemos coñecendo a figura do poeta
homenaxeado no Día das Letras Galegas, Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado
en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras). Traballamos nas clases e gozamos de diferentes
dinámicas e actividades mentres aprendíamos un pouquiño máis sobre el.
Destacamos, entre moitos datos importantes, os seguintes: obras fundamentais
como Bebedeira (1934), Galiza Infinda (1963), O soño do Guieiro (1985),
acontecementos chave como os levados a cabo en México: fundou a revista Vieiros
e levou a cabo un programa de radio “Hora de Galicia” que estivo en antena
durante 20 anos todos os domingos.
A continuación engadimos unha pequena mostra do ben que o pasamos polos corredores do cole.
sábado, 23 de abril de 2022
DÍA DO LIBRO
O alumnado de educación infantil asistiu, no patio do colexio, a un espectáculo onde puideron compartir os seus sentimentos, experimentando a sensación de grupo e gozando do conto: "La aventura de Yacaré"Kamishibai, en xaponés: teatro de papel”.
KAMISHIBAI palabra xaponesa que significa teatro de papel, é unha forma
de contar contos moi popular en Xapón.
Está formado por un conxunto de láminas que ten un debuxo nunha cara e o texto na outra. O kamishibai nunca falla, é máxico, sempre consigue
atrapar a atención dos rapaces, facelos atravesar esa liña que separa a
fantasía da realidade. Une a maxia das palabras coa vistosidade das imáxes captando a atención de todos.
Desperta a súa imaxinación e fantasía, fomentando o gusto pola lectura e a
escritura.
A longo da semana, os alumnos do 1°ciclo celebramos a Semana do libro:
elaboramos minicontos, escribimos historias e cómics, coñecemos lendas de diferentes partes do mundo, creamos fábulas...






lunes, 18 de abril de 2022
DÍA DE ROSALÍA
HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO
Un ano máis participamos na Homenaxe a Rosalía. Esta foi a nosa aportación:
Fai 185 anos este lugar onde nos atopamos denominábase O Camiño Novo no
Agro da Barreira, daquela pertencente ao Concello de Conxo.
Xusto neste mesmo sitio había unha casa na que tal día coma hoxe nacía unha
nena.
Esa nena foi bautizada na Capela do Hospital Real, actualmente Hostal dos
reis Católicos, cos nomes de María Rosalía Rita de Castro.
Rosalía converteuse, co tempo, nunha grande das nosas letras, unha muller
con conciencia galega que escribiu sobre as súas vivencias, sentimentos e
lembranzas da súa terra, en especial da súa cidade natal.
Hoxe dámoslle voz a 3 poemas do seu libro “Follas Novas” que recollen ese
recordo.
EN CORNES
Cornes era unha aldea do concello de Conxo ao final dos Agros da Barreira onde edificaron a estación do tren coa 1ª liña de ferrocarril de Galicia entre Cornes e Carril. Tamén era o paso cara o bosque de Conxo, lugar de lecer para os composteláns onde moitas veces foi pasear Rosalía coas súas amizades.
NA CATEDRAL









.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpg)

























