domingo, 31 de octubre de 2021

CLUB LECTURA

Os clubs de lectura de 6º e da ESO inauguraron o curso coas súas respectivas reunións. Presentáronse, buscaron o nome do club e descubriron o título do libro proposto para ler neste mes:

No corazón do bosque de Agustín Fdez. Paz              Os mortos de ningures de Pereledi

Nuns días iniciarán as reunións do seu club as antigas alumnas. 

CARAPUCHOS ABELLEIROS 2021

 




CLUNYTEKA PRESENTA :

 VI EDICIÓN DO CONCURSO DE DEBUXO 

 "CARAPUCHOS ABELLEIROS"







Os participantes un debuxo relacionado coa temática:  Polinización, abellas, flores ou medio ambiente que será  acompañado dunha frase, en lingua galega, alusiva á ilustración realizada ou a temática elixida.

 

Data límite de entrega : Venres 12 de novembro.

domingo, 24 de octubre de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2021

24 DE OUTUBRO, 
DÍA DAS BIBLIOTECAS, DE TODAS AS BIBLIOTECAS

 




Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. 
 
A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2021. "A edición deste ano, baixo o lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir” céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos."
 
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender e lugares para descubrir.
 
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 
 




Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia: A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA , quere poñer o foco na palabra e na oralidade. 


A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2021-2022 é obra do ilustrador, escritor, deseñador e artista visual Pablo Otero, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en formacións e obradoiros.






Clunyteka únese á celebración abrindo as súas portas. Este curso comeza co inicio das sesións dos clubs de lectura,  o concurso "Carapuchos Abelleiros" e o servizo de préstamo tanto ás bibliotecas de aula como as Clunytekas móbiles.

Poderás informarte de todas as actividades planificadas polo equipo de biblioteca  a través do noso blog http://clunyteka.blogspot.com/


domingo, 17 de octubre de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS 2021

 

O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VI Edición celébrase, este ano 2021,  o 18 de outubro baixo o lema "Ler as idades da vida". Marifé Santiago Bolaños, é a comisaria esta VI Edición do Día das Escritoras 2021"Os libros escríbense só para unha lectora, a que os fai estar de novo cando os le. Por iso, a escritura vai dando conta das idades da vida e permítenos elixirnos, recuperarnos e soñarnos entre as páxinas dos libros. Dos libros que lemos, dos que leremos. Dos que se escribiron para nós, aínda que non os atoparamos aínda."

 A nosa Biblioteca acepta a invitación de Bibliotecas Escolares para celebrar esta xornada e anímate a que participes na difusión da obra das mulleres escritoras.

Cal é a túa escritora favorita? Que libro dela recomendas? Tamén podes compartir un parágrafo ou poema dunha escritora e envialo a clunyteka@gmail.com  para encher o noso blog coas súas verbas.

Mentres recibimos a  túa selección podes ler a recompilación de escritoras galegas que fixeron dende Bibliotecas Escolares.

SELECCIÓN DE TEXTOS DE ESCRITORAS GALEGAS