viernes, 30 de octubre de 2020

Carapuchos Abelleiros 2020

 

Carapuchos abelleiros 2020


 

Un ano máis a nosa Biblioteca presenta o concurso “CARAPUCHOS ABELLEIROS”. Destinado aos alumnos de primaria, o concurso fomenta a creatividade e o coidado da casa común. Os participantes presentarán un debuxo relacionado coas abellas, as flores, a polinización ou o medio ambiente xunto a unha frase, en lingua galega,  que recolla a idea traballada. O xurado elixirá un gañador por curso que recibirá una tarro de mel, ser nomeado padriño ou madriña dunha colmea e a posibilidade de visitala en primavera ou cando a situación que estamos a  vivir o permita.

Presentamos o cartel desta edición e recordamos que poderedes consultar todas as novidades sobre o concurso no blog CLUNYTEKA.

lunes, 19 de octubre de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS CLUNY SANTIAGO

 



O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Como en edicións anteriores, a data elixida é o luns máis próxima á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A V Edición celébrase este ano 2020 o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres". "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo.", explica Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.

A nosa Biblioteca acepta a invitación de Bibliotecas Escolares para celebrar esta xornada e anímate a que participes na difusión da obra das mulleres escritoras.

Só tes que elixir un parágrafo ou poema dunha escritora e envialo a clunyteka@gmail.com  para encher o noso blog coas súas verbas.

Mentres recibimos a  túa selección podes ler a recompilación de escritoras galegas que fixeron dende Bibliotecas Escolares.

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/files/D%C3%AD_das_Escritoras_20.v1.pdf