Os alumnos e alumnas de 3ºB
de primaria gozaron dunha tarde de lendas e contos populares da man de Quique,
o profe en prácticas que finalizaba a súa unidade didáctica con esa actividade.
Tras coñecer a diferenza
entre contos literarios, contos populares e lendas, realizaron a súa propia
creación e buscaron pezas no seu entorno familiar.
Unha xeración máis
achegándose a tradición oral. Volvéronse a escoitar lendas como a de Santo
Andrés de Teixido, a Ponte do demo ou A lagoa da serpe que testemuñaron a
riqueza popular da nosa terra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario