30 de xaneiro, día da ilustración
Benvidos ao blog da biblioteca do colexio San José de Cluny de Santiago de Compostela.
Buscar este blog
sábado, 30 de enero de 2021
DÍA DA ILUSTRACIÓN
viernes, 29 de enero de 2021
DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ
30 de xaneiro: Día Escolar da Non Violencia e da Paz
Esta
xornada dá peche, no noso centro, a un mes dedicado a reflexionar e traballar
sobre a convivencia, o diálogo e o noso papel coma bos cidadáns na nosa
casa común que comeza na contorna máis próxima.
Debido
ás circunstancias que estamos a vivir vémonos na obriga de adaptar as
actividades e propostas. Clunyteka súmase á celebración do Día da Paz
presentando unha selección de libros para todas as idades que tratan sobre a
paz. Na biblioteca podes atopar dende cancións ou contiños para os máis cativos
ata lecturas que invitan á reflexión para os maiores.
Nunha
das Clunytekas móbiles encontraredes os exemplares. Se tedes interese en lelos,
non dubidedes en solicitalos a través do correo clunyteka@gmail.com ou do formulario de préstamo.
lunes, 18 de enero de 2021
sábado, 16 de enero de 2021
SERVIZO DE PRÉSTAMO EN TEMPOS DO COVID
Clunyteka en tempos do COVID-19
Xa podes desfrutar da lectura dos libros da nosa biblioteca. O equipo da
Clunyteka ten todo listo para poder ofrecer o servizo de préstamo a pesar do
Covid-19.
Podes elixir un libro dende a túa casa a través da biblioteca virtual http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CEH040 e solicitalo polo correo electrónico da biblioteca (clunyteka@gmail.com) ou cumprimentando o formulario nas Clunytekas móbiles.
O equipo de biblioteca atenderá a solicitude coa maior brevidade e
fará chegar os libros á túa clase.
As devolucións realizaranse nas caixas das Clunyetkas móbiles. O equipo de
biblioteca fará a recollida periódica e corentena dos fondos.
No blog compartiremos recomendacións de lectura, comunicacións das novidades, presentación de actividades e terás a posibilidade de comentar os teus libros favoritos.
Non nos perdas de
vista!
RETO LECTOR 2021