miércoles, 28 de abril de 2021

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO LITERARIO "LOLITA IGLESIAS"


 ENTREGAMOS OS PREMIOS!!


Os alumnos/as gañadores da presente edición do Concurso Literario “Lolita Iglesias” recibiron onte o seu merecido premio: un diploma acreditativo e a licencia á plataforma de lectura TA-TUM por un ano.

A entrega de premios foi realizada por María Lavandeira, directora pedagóxica do centro e Emma Canitrot, representando ao equipo da biblioteca, coidando todas as medidas que contempla o protocolo COVID-19.

Compartimos os textos premiados xunto á foto dos galardoados.

(preme no nome do autor para ler o seu texto)

CATEGORÍA F : 3º PRIMARIA

MIGUEL HERRADOR LORENZO

 2º PREMIO POESÍA

PELETEIRO "LOLO"

domingo, 25 de abril de 2021

SEMANA DE LA LECTURA EN 1º Y 2º DE PRIMARIA


Semana de la lectura en familia





Ante las limitaciones, siempre hay que buscar soluciones. 
Contábamos con no poder realizar nuestra habitual "Semana de lectura en familia" que tanto nos gusta... pero a grandes males, grandes remedios.
Gracias a todos los que habéis colaborado aportando vuestros videocuentos para ver en clase: hermanos, papás, abuelas... No os imagináis lo que nos gusta y motiva para seguir leyendo y disfrutando con la lectura.






Día del libro
Hoy, 23 de abril, es un día importante, señalado en nuestro calendario de 1º y 2ºEP ¡Es el Día Del Libro!
Si ya todos los días acostumbramos a leer... hoy hemos comprobado lo que nos gusta y todo lo que nos aporta: nos convertimos en cuentacuentos, elaboramos un minicuento para regalar a alguien especial, solicitamos libros a la biblioteca, creamos un marcapáginas... La lectura nos enseña, nos hace creativos, nos entretiene, emociona...   ¡Es que leer es soñar con los ojos abiertos!





VISITA DUNHA AUTORA


ENCONTRO CON ÉRICA ESMORÍS

Os alumnos de 4º de Educación Primaria coñeceron a través dun encontro virtual a Érica Esmorís, autora do libro Patio de luces galardoado co XI Premio de Narrativa Infantil Ciudad de Málaga no ano 2020. Coruñesa amante dos animais que se fixo veterinaria, profesión que exerceu un tempo, e que dende moi cativa se dedicou a ler e escribir como principais afeccións.

Tamén descubriron á escritora, guionista en diferentes produtoras audiovisuais galegas e autora de varias novelas infantís como O poder de Amabel, Ulises e as cronoamigas, Quen salva a un can e Nena e o mar, obra coa que gañou o premio Merlín de Literatura no 2015.


A obra desta autora que leron nas clases de Lingua Galega durante o 2º trimestre foi Patio de luces, novela que escribiu durante o confinamento como lembranza da figura do porteiro do edificio onde pasou a súa infancia e resaltando o valor da curiosidade.

Lea, protagonista deste libro,  pasa as tardes dos venres co seu avó, porteiro nun edificio. Este está preocupado polo seu traballo e ademais teme que os veciños vexan á súa neta e pensen que descoida as súas tarefas por coidala. Lea, mentres o  seu avó traballa, dedícase a observar os tendais do patio interior e imaxinar quen vivirá en cada piso. A pesar das advertencias do seu avó, e sen poder conter a súa curiosidade, Lea termina coñecendo aos veciños do edificio e comprobando que as cousas non sempre son o que parecen.

A lectura deste libro permitiu traballar o campo semántico das profesións en perigo de extinción ou xa desaparecidas, fomentar a imaxinación e descubrir que a primeira impresión non sempre se axusta á realidade. Tamén foi unha achega ao dominio das novas tecnoloxías aprendendo o uso do word e os cuestionarios no Teams para exercitar a  compresión lectora.

O encontro con Érica  foi virtual por mor da situación de pandemia que estamos a vivir. Nin os pequenos problemas técnicos nin o contacto a través dunha pantalla foron quen de ensombrecer unha conversa divertida e entrañable coa escritora. Érica mostrouse moi agarimosa e respondeu a unha batería de preguntas dos rapaces, tamén deixou interesantes consellos aos pequenos escritores e como anunciou que xa hai próxima novela no forno emprazáronse, a ser posible en modo presencial, para un novo faladoiro.





sábado, 24 de abril de 2021

SEMANA DA LECTURA EN INFANTIL

 



Esta semana, en Ed. Infantil, también celebramos el día del libro en las clases de inglés. 

The students had a lot of fun and learned a lot more!




viernes, 23 de abril de 2021

SEMANA DA LECTURA 2021

Co Día do Libro iniciamos en Clunyteka a Semana da lectura.

Ata o 30 de abril podes compartir con nós todas aquelas actividades que fagas relacionadas co libro ou a lectura.

Anímate e participa!



DÍA DO LIBRO 2021

 Libros de peto para celebrar o Día do Libro

 

Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria "fabricaron" os seus propios libros de peto empregando caixas de mistos e recortes de versos, porque un verdadeiro libro de peto ten que caber no peto. 


Micropoesía perfecta para agasallar no Día do Libro ou para ler entre clase e clase.


Elaboración:




Uns petiscos de poesía:




Os nosos libros de peto: