Nunha intensa tarde de chuvia achegouse Ledicia Costas á nosa biblioteca para compartir un faladoiro cos participantes dos clubs de lectura de nais/pais e alumnos/as.
Foi recibida polos lectores de Golpes
de Luz que agardaban con entusiasmo e expectación a oportunidade de coñecer
máis detalles da historia que acubilla o libro e felicitar persoalmente á
escritora polo seu éxito e bo facer
literario.
Tras unha agarimosa sinatura de exemplares, chegou a quenda dos lectores
máis novos. Con eles departiu sobre a importancia da lectura e a escritura na
infancia e xuventude e desvelou moitos segredos sobre a súa vida e o oficio do
escritora. Moitos dos seus personaxes desfilaron pola biblioteca da man da súa
creadora para quedar no corazón da rapazada.