Continuando co labor iniciado o
curso pasado, voltamos de novo a traballar
cos xornais na biblioteca e a
mergullarnos no mar de noticias, artigos
de opinión, reportaxes , publicidade… Aproveitando
que participamos no proxecto Prensa-Escuela de “La Voz de Galicia” estivemos analizando diferentes artigos xornalisticos, diferenciando “información” de
“opinión” e achegándonos á linguaxe publicitaria. Tamén nos convertimos en xornalistas redactando os nosos propios
artigos.
Menú
- Inicio
- Concurso Literario Lolita Iglesias
- Semana Lectura
- RETO LECTOR
- Proxecto: "El Principito"
- Radio Cluny
- Busca e tratamento da información dixital
- Club de Lectura
- Divulgadores Cluny
- Desde el Confinamiento
- Letras Galegas
- Concurso Flipbook Cluny
- El Viaje de Margarita Cluny Santiago
- Cluny Santiago web

lunes, 29 de octubre de 2018
jueves, 25 de octubre de 2018
24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA”
O día 24 de outubro celebrouse o “Día da Biblioteca” e este ano o
lema escollido foi “Poéticas diversas na biblioteca escolar”. No colexio para
celebrar esta data sinalada fixemos unha mostra
dos libros de poesía que hai na nosa biblioteca de diferentes autores e
idades e realizamos un recitado de poemas. Tamén animamos aos alumnos a que
levasen para a súas casas en préstamos libros de poemas para ler coas súas
familias.
lunes, 22 de octubre de 2018
AS MOCHILAS VIAXEIRAS DE EI COMEZAN A SÚA ANDAINA
A primeira semana de outubro os
nenos e nenas de Educación Infantil comezaron a levar durante a fin de semana contos para ler na casa coas súas familias. Os
libros, en galego e en castelán, van acompañados
das mascotas da aula para fomentar e motivar o gusto pola lectura desde
cativos.
Os luns regresan de novo á escola
acompañados de debuxos, fotos ou manualidades relativas ao conto e á mascota, e os nenos comparten as súas experiencias cos demais compañeiros da clase.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)