miércoles, 24 de abril de 2024

CLUB DE LECTURA FAMILIAS

 O TEU AMIGO INVISIBLE DESÉXACHE UN FELIZ DÍA DO LIBRO


Os participantes do club de lectura de familias celebraron o 23 de abril regalando e recibindo un libro mediante o xogo do amigo invisible. Realizaron o sorteo virtual, investigaron sobre os gustos lectores da persoa asignada e compraron o libro con toda a ilusión. Na sesión de abril, o mércores 24, descubriron  que gardaban os misteriosos paquetes  que decoraban a entrada da biblioteca. 



Despois do intercambio de regalos, participaron no coloquio sobre o libro de Francisco Castro, "Tes ata as dez" e coñeceron a nova proposta de lectura: "India y el descubrimiento de los Minders" de Diana Rey.

PREGUNTA DO DÍA

DESEMPATE E 
ENTREGA DE PREMIOS

O mércores 24 de abril celebrouse o desempate nas categorías 5º-6º e ESO e os gañadores  recibiron un diploma acreditativo e unha caixa sorpresa. 
Felicitamos as finalistas de 5º Raquel Pérez e Alba Carollo  e  de ESO  Carolina Besada e Lucía Fernández porque foron unhas excelentes participantes. Tamén queremos agradecer a Sara Carballeiro e Lúa Otero a súa inestimable colaboración na organización do concurso. 


ADELA PEREIRA e IVÁN PENAS                             CARLOTA GARCÍA e VERA RODRÍGUEZ
Categoría 3º-4º primaria                                            Categoría 5º-6º primaria
  

CARMEN GRANDE e LAURA BALO
Categoría ESO


Moitas grazas a todo o alumnado que participou nesta edición da Pregunta do Día. 

Equipo de Biblioteca


Terminada a rolda de preguntas xa temos actualizadas as puntuacións:

CATEGORÍA 3º -4º: LAS ESTRELLAS 2  (12 puntos)
CATEGORÍA 5º-6º: R.A. e LAS WILLY PALMERAS (empatan a 13 puntos)
CATEGORÍA  ESO:  THE BEST GIRLS e LAS TWO POWERS (13 puntos)


11.30h - DESEMPATE NA CATEGORÍA DE 5º-6º E ENTREGA DE PREMIOS primaria 
12.00h - DESEMPATE NA CATEGORÍA ESO E ENTREGA DE PREMIOS ESO 
PRÓXIMO mércores 24 DE ABRIL NO RECREO


mércores 17 de abril
    Resposta 8
No espello están os pais da infanta Margarita.
 Felipe IV y Mariana de Austria.
Pertence ao estilo Barroco.



       martes 16 de abril 
     
      luns 15 de abril



        venres 12 de abril


                              

          xoves 11 de abril      


 


       mércores 10 de abril

                                             


                                     


       martes 9 de abril

                           



A PREGUNTA DO DÍA
 

Hoxe luns 8 de abril comeza unha nova edición da actividade PREGUNTA DO DÍA.

Durante 8 días lectivos o alumnado de 3º EP a 4ºESO terá na biblioteca unha pregunta. Disporán de 24 horas para responder. Poderán investigar en libros, internet ou consultar a expertos. Na biblioteca terán unha caixa para depositar a súa resposta correctamente e sen erros ortográficos para que sexa correcta e tamén facilítase o ranking  para consultar como van os equipos.

Ánimo a todos!!

luns 8 - PREGUNTA 1

Moldeable, resistente, impermeable, imperecedoiro, económico... o

que fora un dos materiais estrela do século pasado converteuse

hoxe nun verdadeiro problema a escala planetaria. Fabricamos e

utilizamos todo tipo de obxectos plásticos desde hai apenas dúas ou

tres xeracións, pero a chea de residuos que xeramos é descomunal.

 

Estímase que desde 1950 producíronse uns 6.000 millóns de toneladas

deste material, suficiente como para cubrir todo o planeta cunha

envoltura de plástico. Hai restos plásticos de diversa índole en todos

os océanos do mundo, aínda que a magnitude global desta

contaminación é aínda unha incógnita.

 

No ano 2010 unha institución española dedicada a investigación, levou a

cabo unha expedición para realizar a primeira avaliación da cantidade

e distribución de plásticos no océano a escala planetaria.

  • ·     Como se chamou esta expedición?
  • ·        Como se chaman os buques que participaron nesta expedición?
  • . De que universidade procedía o ecólogo que liderou esta expedición?  


martes, 23 de abril de 2024

LETRAS GALEGAS 2024

 

                                       

CoIncidindo coa data do día do libro: 23 de abril, San Xurxo, os dous grupos de 5ºEP realizaron unha ruta literaria seguindo as pegadas de Rosalía de Castro na cidade. Visitaron algúns lugares vencellados a nosa poeta universal: o seu lugar de nacemento no emprazamento que hoxe ocupa a Praza de Vigo; o Hostal dos Reis Católicos onde foi bautizada; unha das súas residencias no casco antigo, xunto á Praza da Universidade e San Domingos de Bonaval, lugar onde descansan os seus restos. Nalgún destes emprazamentos realizaron a lectura dalgún dos seus poemas.




No monumento a Rosalía na Alameda participaron, xunto a outros alumnos de colexios de Escolas Católicas da cidade, na homenaxe á nosa lingua. Tras un recordatorio aos ilustres galegos coma Asorey, Castelao, Antonio Fraguas, Alfredo Brañas e a propia Rosalía de Castro escoitaron a regueifeira Lupe Blanco, que fixo unha demostración fantástica das súas habilidades na improvisación e logrou que pasaran unha mañá estupenda, poñendo a todos a bailar!




viernes, 19 de abril de 2024


"TEATRO AGADEA": SANCHO PANZA Y LA ÍNSULA EN CLUNY

La troupe de actores y actrices de Agadea Alzheimer puso en pie al público de Cluny con su obra 'Sancho Panza y la insula Barataria'. Dirigidos por Lucas Herrador y acompañados en todo momento por responsables de Agadea, lograron estrenar con un éxito rotundo!! Gracias por regalarnos este tipo de momentos!! Siempre activos y vitales!












“Nunca é tarde para aprender, para participar, para soñar e facer soñar. Isto lógrase pola arte que non envellece e nos empuxa a novos horizonte”, asegura o director da obra, Lucas Herrador

REPARTO
SANCHO - Fernando Couselo
MAIORDOMO - José Luís Valcárcel
CRONISTA - Maribel Botana
DOUTOR - Víctor Martínez
PAXE - Lola Linares
SASTRA E GRACIOSA - Agustina Pérez
LABRADORA - Carmen Seijas
HOME SIN BASTÓN - Victoriano Seijas
HOME CON BASTÓN - Santiago Fernández
POBO - Benigno Bendaña
PRESENTADORES - Benigno, Carmen e Victoriano
EQUIPO TÉCNICO
Producción - AGADEA e Natalia Castro
Vestiario e Atrezzo - A compañía
Axudantes de dirección.Natalia Castro, Cata Bossio e Lucía Basanta
Dramaturxia e dirección - Lucas Herrador