DESCUBRINDO A FLORENCIO DELDAGO GURRIARÁN
Durante estes días estivemos coñecendo a figura do poeta
homenaxeado no Día das Letras Galegas, Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado
en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras). Traballamos nas clases e gozamos de diferentes
dinámicas e actividades mentres aprendíamos un pouquiño máis sobre el.
Destacamos, entre moitos datos importantes, os seguintes: obras fundamentais
como Bebedeira (1934), Galiza Infinda (1963), O soño do Guieiro (1985),
acontecementos chave como os levados a cabo en México: fundou a revista Vieiros
e levou a cabo un programa de radio “Hora de Galicia” que estivo en antena
durante 20 anos todos os domingos.
A continuación engadimos unha pequena mostra do ben que o pasamos polos corredores do cole.
No hay comentarios:
Publicar un comentario