lunes, 26 de octubre de 2026

CLUB DE LECTURA

 Un encontro especial con Arantza Portabales no club de lectura Lendeiros 

Hoxe tivemos o pracer de recibir a visita de Arantza Portabales nunha sesión moi especial do club de lectura de familias Lendeiros.

A lectura da súa última novela, Asasinato no muíño do cura, durante o verán foi o fío condutor dunha conversa moi interesante, na que a autora compartiu con nós numerosas curiosidades e lembranzas da súa infancia que forman parte do argumento do libro. Unha oportunidade fantástica para achegarnos ao proceso creativo da escritora e descubrir algúns dos segredos que agocha esta historia.

                  

Unha vez máis, queremos agradecerlle a Arantza a súa visita, a súa xenerosidade ao compartir as súas vivencias connosco e a sinatura dos exemplares e do libro de honra da nosa biblioteca.

Despedímonos coa ilusión de volver atoparnos cando poidamos ler e gozar da próxima entrega desta saga.

Grazas, Arantza, por compartir connosco a túa paixón pola literatura e facernos gozar da lectura dunha maneira tan especial!

No hay comentarios:

Publicar un comentario