HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO
Un ano máis participamos na Homenaxe a Rosalía. Esta foi a nosa aportación:
Fai 185 anos este lugar onde nos atopamos denominábase O Camiño Novo no
Agro da Barreira, daquela pertencente ao Concello de Conxo.
Xusto neste mesmo sitio había unha casa na que tal día coma hoxe nacía unha
nena.
Esa nena foi bautizada na Capela do Hospital Real, actualmente Hostal dos
reis Católicos, cos nomes de María Rosalía Rita de Castro.
Rosalía converteuse, co tempo, nunha grande das nosas letras, unha muller
con conciencia galega que escribiu sobre as súas vivencias, sentimentos e
lembranzas da súa terra, en especial da súa cidade natal.
Hoxe dámoslle voz a 3 poemas do seu libro “Follas Novas” que recollen ese
recordo.
EN CORNES
Cornes era unha aldea do concello de Conxo ao final dos Agros da Barreira onde edificaron a estación do tren coa 1ª liña de ferrocarril de Galicia entre Cornes e Carril. Tamén era o paso cara o bosque de Conxo, lugar de lecer para os composteláns onde moitas veces foi pasear Rosalía coas súas amizades.
NA CATEDRAL
No hay comentarios:
Publicar un comentario