domingo, 4 de junio de 2023

FESTA DA LINGUA

 


Un ano máis, Escolas Católicas organizou a Festa da Lingua, coa presenza dos nosos rapaces, que foron fieis á súa cita coa presenza de todo o alumnado do 2º ciclo e dos rapaces e rapazas integrantes do clube de lectura de primaria.


A primeiriña hora foron os nenos de 3º EP os que se achegaron camiñando polas rúas da zona Vella para ter un encontro co escritor Henrique Neira , finalista  do premio literario "Frei Martín Sarmiento" e onde estiveron acompañados dos alumnos doutros colexios de Santiago coma San Jorge, Divino Maestro, Compañía de María e a Inmaculada.

Xa nunha segunda quenda chegaron os maiores de 5º e 6º de EP, os que xunto a nenos desta vez de La Salle e Colexio Juventud, levaron a cabo un recital poético de Carmen Pura Vázquez.

                                                                         RECITAL POÉTICO (preme para ver e escoitar)

                                         

Tamén  poideron disfrutar da actuación musical do cantautor Xoán Curiel, que tivo como peche final a uns colaboradores moi especiais...   

Unha mañá do máis entretida e, como non, tamén reivindicativa do uso da nosa lingua entre os máis pequenos que son, sen lugar a dúbidas, o futuro da mesma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario