martes, 20 de junio de 2023

FIN DE CURSO DOS CLUBS DE LECTURA

 O Equipo de Biblioteca organizou unha sesión especial para todos os participantes dos diferentes clubs de lectura.

                                                          

Comezamos cun scape room para avaliar a actividade realizada durante o curso.  Os equipos, formados por lectores de todos os clubs que aportaron a información necesaria para resolver as probas, competiron para descubrir a palabra clave que lles permitía participar na merenda. 




Agradecemos a Miriam Rico a súa colaboración na preparación da actividade,
 pasámolo xenial!!

3 comentarios:

  1. “A lectura pode ser froito e fonte de tantas cousas…verdade? Sabémolo ben os que pasabamos o día pensando nos biosbardos sentados na soleira da fiestra cun libro nos xeonllos e a mirada atravesando un horizonte infinito que facía as veces de limiar a todos eses mundos que aspirábamos a percorrer.
    E alí nos levastes a todos: ao mesmo Corazón de Xúpiter!
    Nun colexio calquera, dunha Cidade chamada Perfecta, onde rapaces e adultos, unidos polo cordón umbilical da lectura, crearon un microcosmos arredor dunhas Mestras Corremundos.
    O que sei do silencio non impediu que, a modo de Ladroa de libros, esvarase pola Vida secreta das mulleres planta de Jules Verne e me subise sen medo ao tren do Pasaxeiro 19, para adentrarme nunha Amazonía con airiños africanos.
    Malia os nenicidas das Bruxas, a miña adulta volveuse nena da man duns talentosos guías que disiparon a Néboa virando o entorno nun espazo amable e acolledor coma o que nace na Folla azul dun conto infantil. E así foi como a Terra se tornou Invisible ofrecendo como únicos Golpes de Luz as abraiantes mentes lectoras dos cativos que, entre risas e dores, nos fixeron subir escaleiras de dúas en dúas e resolver sen tatexar as pegadas dun Rei sen trono.
    _Non foi Mentira, non _dixo a nai;
    _Vaite peteiro tendes! _dixeron os fillos;
    _Pois xa sabedes o que hai que facer para o ano_ espetou a muller mestres pensaba no verme multicolor que acababa de pousar nos miolos dos seus fillos...
    ...así de poderosa é a maxia dun LIBRO...”

    ResponderEliminar