A biblioteca tamén abriu as súas portas ás nais e pais do noso alumnado que aceptaron a invitación para participar no club de lectura.
Despois da boa experiencia compartida seguro que repetimos.
Benvidos ao blog da biblioteca do colexio San José de Cluny de Santiago de Compostela.
Un érguese un bo día e mestura nun bote baleiro de iogur un pouco de area, unha culler de cal, auga, e folla de col. Pono ao sol e agarda…
ResponderEliminarFacer experimentos con gasosa pode ser arriscado…, pero din que quen non arrisca non gaña e vai ser verdade porque o vaso de iogur saíu disparado ante a mirada asombrada dos alquimistas.
Quen ía pensar que tanto elemento diverso faría despegar un foguete!
E voaron libros; palabras fermosas; coloquios que fixeron parar a roda de hámster do cotián; xurdiron ideas que converteron o confort nun deporte de risco e nun “por que non?”; os “pensei que...” nun “vaite sorpresa!”; as conversas de café en verdadeiros faladoiros, pero sobre todo nun...”e para cando máis?”
Abofé que non hai como aproveitar a oportunidade, vencer a vergoña e probar... para ver como o “non teño tempo” devora páxinas completas de libros prestados con agarimo abrindo un micro-espazo persoal que mitiga o renxer da roda cotiá a fin de lembrarnos que os pais e nais, ás veces, tamén temos dereito a ser...
Cando foi a última vez que fuches? ...Clunytekeate!!!