viernes, 12 de abril de 2024

ACTIVIDADE DO MES DE FEBREIRO

CARAPUCHOS ABELLEIROS 2024


Durante o mes de febreiro desenvolveuse a VIII edición do Concurso de debuxo CARAPUCHOS ABELLEIROS que organiza a Biblioteca do centro atendendo á proposta do apicultor Xosé manuel Durán. Nesta ocasión, baixo o lema "AXUDA ÁS ABELLIÑAS A CHEGAR Á SÚA CASIÑA" o alumnado de primaria deberá presentar un debuxo que facilite a identificación da colmea para as abellas.


 XA TEMOS GAÑADORES!


O luns 18 de marzo reuniuse o xurado,  composto por: Xosé Manuel Durán (apicultor e promotor do concurso), Cristina Viña  (profesora de Educación Plástica ESO) e Emma Canitrot (respresentante do Equipo de Biblioteca) e, tras unha laboriosa deliberación debido á alta calidade das obras presentadas, acordaron conceder o premio aos seguintes traballos:

     DANIELA GALLEGO CAJARAVILLE 1º A            DIEGO LÓPEZ LORENZO  2ºB

       GABRIELA ALVA DOMÍNGUEZ 3ºA               VALENTINA MONTERO CASTRO 4ºB

            EMMA SMITH REY  5ºB                                        SOFÍA PÉREZ MOLINA 6ºA

O venres 12 de abril os galardoados recibiron o seu tarro de mel na tenda de Xosé Manuel "A cesta da saúde" e xa máis entrada a primavera terán ocasión de visitar a colmea que levará o seu debuxo e da que serán nomeados padriños ou madriñas.

Parabéns aos gañadores!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario