lunes, 20 de abril de 2026

CARAPUCHOS ABELLEIROS 2026

               

    O talento do noso alumnado voa ata as colmeas 
                         

Unha nova edición do concurso CARAPUCHOS ABELLEIROS patrocinado polo apicultor Xosé Manuel Durán celebrouse ao longo do mes de marzo. O alumnado de primaria realizou traballos con moita calidade que supuxo un reto para o xurado que despois de moito deliberar conseguiu presentar os  gañadores deste ano:

                  
                    1º EP: OLIVIA RODRÍGUEZ ABELLÁN        2º EP: SOFÍA IGLESIAS SOLÍS

                     
                   3º EP: GAEL CARRILLO PINTO            4ºEP: ISIS A. CÓRDOVA PORTÚNEZ

                       5º EP: GAELA AGÜERO                          6º EP: PAULA IGLESIAS SOLÍS

O luns 20 de abril achegáronse á tenda "A cesta da saúde" para recoller o seu tarro de mel e quedar convocados para a visita ás colmeas cando as abellas estean no momento de máxima actividade.

                                       

Na alvariza de Xosé Manuel xa están as colmeas ben bonitas cos debuxos desta edición. En xuño recibirán a visita das súas madriñas e padriño que poderán descubrir todos os segredos que gardan estes admirables insectos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario