lunes, 24 de octubre de 2022

Día das Bibliotecas 2022


 

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.

 

A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2022.  A edición deste ano, baixo o lema “BiblioTEcuida”, céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, preocúpanse por atender as necesidades dos seus usuarios. As bibliotecas están abertas a toda a cidadanía e son un piar fundamental ao servizo das comunidades ás que pertencen."

 

As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender e lugares para descubrir.

 



Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia  ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR ,   quere poñer o foco en todas as formas de escrita que coida e ofrece a biblioteca escolar. A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.  


Clunyteka, a nosa biblioteca, reabre as súas portas á toda a comunidade educativa. Tras os cambios sufridos  polo confinamento e o uso da sala para unha aula, o equipo traballa arreo no expurgo e reorganización. Hoxe, Día das Bibliotecas  presentamos as primeiras actividades nesta nova andaina: o blog, o préstamo,  ás bibliotecas de aula, as mochilas viaxeiras e os clubs de lectura.

 

lunes, 27 de junio de 2022

CLUNYTEKA RECOMENDA

 Recomendación de lectura para este verán


Termina o curso e comeza o tempo de lecer. Como sabemos que unha das actividades que máis vos gusta é a lectura deixamos a nosa proposta para que durante o verán aproveitedes o tempo libre para ler.

Preme no enlace e descobre a nosa suxestión:

 

O equipo de biblioteca deséxavos unhas felices vacacións! 
Vémonos en setembro

domingo, 19 de junio de 2022

VISITA ÁS COLMEAS

 Os "Carapuchos abelleiros" premiados visitan ás súas afilladas.

O pasado mércores 15 de xuño, os alumnos gañadores da última edición do concurso "carapuchos abelleiros" achegáronse ás colmeas para coñecer perosalmente ás súas afilladas. O premio por gañaren o concurso consitía en recibir un Kg de mel e visitar unha colmea da que foron nomeados padriños.

Convidados por Xosé Manuel, enfundáronse os traxes de apicultor e coñeceron moitas curiosidades sobre as abellas e o funcionamento dunha colmea. 

Por mor da inminente chegada das Belutinas, as abellas foron levadas a un lugar seguro. A colmea que visitamos será a última en ser trasladada.

Toda unha sesión de ciencias en plena natureza que compartimos no seguinte enlace.  visita á colmea



martes, 31 de mayo de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

DESCUBRINDO A FLORENCIO DELDAGO GURRIARÁN



Durante estes días estivemos coñecendo a figura do poeta homenaxeado no Día das Letras Galegas, Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras). Traballamos nas clases e gozamos de diferentes dinámicas e actividades mentres aprendíamos un pouquiño máis sobre el. Destacamos, entre moitos datos importantes, os seguintes: obras fundamentais como Bebedeira (1934), Galiza Infinda (1963), O soño do Guieiro (1985), acontecementos chave como os levados a cabo en México: fundou a revista Vieiros e levou a cabo un programa de radio “Hora de Galicia” que estivo en antena durante 20 anos todos os domingos.





Unha das que máis nos gustaron, foi a xincana realizada por todo o colexio onde a través de diferentes carteis sobre a súa vida e obra, tíñamos que completar e facer actividades grazas a información de ditos carteis.

A continuación engadimos unha pequena mostra do ben que o pasamos polos corredores do cole.
















sábado, 23 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO



Cluny celebra o día do libro




Que é un libro para ti?  un grupo de alumnos de 3º tiveron ocasión de compartir esa reflexión.






O alumnado de educación infantil asistiu, no patio do colexio,  a un espectáculo onde puideron compartir os seus sentimentos, experimentando a sensación de grupo e gozando do conto: "La aventura de Yacaré"Kamishibai, en xaponés: teatro de papel”.



KAMISHIBAI palabra xaponesa que significa teatro de papel, é unha forma de contar contos  moi popular en Xapón.  Está formado por un conxunto de láminas que ten un debuxo nunha cara e o texto na outra. O kamishibai nunca falla, é máxico, sempre consigue atrapar a atención dos rapaces, facelos atravesar esa liña que separa a fantasía da realidade.  Une a maxia das palabras coa vistosidade das imáxes captando a atención de todos. Desperta a súa imaxinación e fantasía, fomentando o gusto pola lectura e a escritura.


A longo da semana, os alumnos do 1°ciclo celebramos a Semana do libro: 

elaboramos minicontos, escribimos historias e cómics, coñecemos lendas de diferentes partes do mundo, creamos fábulas...


e representamos funcións no salón de actos para os nosos compañeiros. 












Somos pequenos escritores pero xa, grandes lectores.